¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
¡BUONE VISIONI!
Estreouse hai dúas semanas en España o filme “He-Man y los Masters del universo” de Travis Knight. É a segunda versión cinematográfica dos bonecos de Mattel que triunfaron nos anos oitenta. A primeira dirixiuna Gary Goddard no 1987, pero podemos afirmar xa que esta nova entrega é radicalmente diferente. E quizais habería que engadir algo antes de falar máis en profundidade deste novo filme. Para os nenos que xogaban con estes bonecos hai máis de corenta anos, o universo narrativo que se creou para apoiar as súas ventas pouco importaba. É dicir, os xoguetes eran unha mestura bizarra e moi atractiva entre ciencia ficción, épica, maxia e terror. Fusionaban a “Conan el bárbaro” (1982), a “La historia interminable” (1984), a saga de Star Wars, ao xogo de rol de “Dungeons & Dragons” e ao Wrestling no mesmo xoguete. A ninguén lle interesaba realmente a batalla entre He-Man e Skeletor, menos onde se situaba Eternia e toda a mitoloxía que conlevaba. Cada un creaba a súa propia aventura onde incluso os malos podían ser os bos e cada neno tiña o seu boneco preferido (o meu era Clawful).
“He-Man y los Masters del Universo” non chega ao resultado rompedor do filme de Greta Gerwig
Por iso non me estrañou que a primeira película dirixida por Gary Goddard, centrada sobre a historia dos mini comics, fora un medio fracaso. E non me sorprende que tampouco esta nova entrega non conseguiu recuperar nin de lonxe a súa inversión. Máis aló destas consideracións persoais, “He-Man y los Masters del Universo” é unha película moi diferente porque o cineasta Travis Knight intentou crear a equivalencia de “Barbie” (2023) de Greta Gerwig dentro do universo masculino de Mattel. Aínda que o filme reflexione con autocrítica e humor sobre a representación da masculinidade, desde a hipermasculinadade dos anos 80 ata o enfoque que deconstrúe este arquetipo, “He-Man y los Masters del Universo” non chega ao resultado rompedor do filme de Greta Gerwig.
Ao filme non lle falta humor, nin acción, pero resulta demasiado plano na súa proposta estética, e incluso repetitivo
Quizais o principal problema é que o director Travis Knight dirixe esta historia como se fora unha das súas películas de animación, poñendo actores reais nunhas ambientacións creadas maioritamente por intelixencia artificial. Ao filme non lle falta humor, nin acción, pero resulta demasiado plano na súa proposta estética, e incluso repetitivo. O filme arranca bastante ben, pero no segundo acto perde fol, estáncase. Knight emplea, como fixo Taika Waititi nos seus filmes sobre Thor, un humor con guiños picantes. En “He-Man y los Masters del Universo” hai dobres sentidos sexuais arredor dos nomes dalgún personaxes: Fisto asociase a “fisting”, Ram-Man a “giving head”, e os deixo imaxinar a que se refire Skeletor falando da Espada do Poder.
Pero, a diferencia de Waititi, o humor con corte sexual é algo que realmente parece incomodar a Knight. As veces estes chistes, que na dobraxe en español tampouco quedan claros, chocan co ton xeral bastante inocente do filme. Travis Knight demostra coñecer moi ben o potencial dos xoguetes de Mattel, non lle falta a autoironía pero non é suficiente. Así que “He-Man y los Masters del Universo” é un filme que expresa potencial, que incluso xoga co efecto nostalxia, a ratos é entretida, pero que non acaba de convencer plenamente. Por último, lembrade non abandonar a sala ao rematar o filme: hai tres escenas postcreditos. E deixan entender que haberá secuelas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Jaime Fernández Garrido
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Libres coa verdade
Lo último
LA REVISTA
La playlist de... Miguel Marcos
LA PAZ VUELVE A TAMBALEARSE
Estados Unidos e Irán suspenden de forma abrupta las negociaciones clave en Suiza