Opinión

Os últimos tempos

Coñecer o futuro é un dos desexos máis profundos do ser humano. De feito, moitos gastan verdadeiras fortunas en supostos adiviños e todo tipo de persoas que aparentan coñecelo e que aparecen nos medios de comunicación, para rematar decatándose de que non serve de nada.

O último libro da Biblia explica dun xeito claro o que vai suceder no futuro, e podemos ter toda a confianza de que vai suceder como está escrito porque todas as profecías anteriores se cumpriron tamén. A noticia máis importante é que Xesús vai volver: “Eu son o que é, o que era e o que está a vir, o que todo o sostén” (Apocalipse 1:8). Esas son palabras que o Salvador lle di a Xoán para que as escriba.

O Apocalipse é un libro escrito para que poidamos ver alén do que está sucedendo agora. Aínda que foi escrito hai case que dous mil anos, os detalles que podes ler nel son verdadeiramente apaixonantes, e estanse a cumprir nestes últimos anos.

Cando lemos o último libro da Biblia decatámonos de que a Palabra de Deus remata cunha frase impresionante: “A graza do Señor Xesús vos acompañe a todos!”. De cada un de nós depende vivir esa bendición.

Te puede interesar