Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Pregunto: a quen lle importa a experiencia? Na intrusión incesante de tendencias, xa é posible detectar no panorama a que advirte nos expertos a persoas que se volveron as menos indicadas para pronunciarse sobre a disciplina que dominan. Un experto na materia, baixo o novo prisma, é un individuo que sabe demasiado, e consecuentemente nada novo engade ao debate. Pareceralle estraño, pero xa se afará. O horizonte xirou. Por fin a incompetencia é un proveito. No momento que as ideas e o coñecemento ameazaban a inquebrantabilidade de certos poderes, eses poderes reaccionaron promovendo o desprestixio da lucidez e a aptitude. Nin unha cousa nin a outra, de socato, merecían tanta admiración. Que clase de individuo soporífero e indixesto se pode hoxe interesar na opinión dun experto, que non sexa outro experto, e polo tanto, á súa vez, un pallaso? Este é o concepto xeral. Trátase, nesta tendencia, de desconfiar da xente que sabe do que fala, por non ter moito máis que aportar que certa intelixencia, nocións, entendemento. Que é isto a carón dun audaz e indomable inútil? Simple lixo. Unha opinión técnica, científica, culta, apenas facilitará orde e coherencia á estrutura do coñecemento, que na nova tendencia resulta interesante na medida que pode caer estrepitosamente para edificarse de novo, a partir do cero absoluto. A Historia xa tivo coñecemento dabondo. Chegou a hora da alternativa. No paradigma do que lles falo, coñecer é máis unha aventura, como xogar a pita cega, que un almacenaxe do tipo Enciclopedia Británica. Importa volver a empezar, caer, erguese, caer, estar comezando todos os días, de xeito que a mente permaneza baleira e por tanto liberada, receptiva, estrañada. A tendencia leva implícitos cambios revolucionarios na idea de saber. Xa vostede detectaría que saber, neste escenario que comentamos, pasa precisamente por ignorar. O mundo reclama ideas innovadoras, impactantes, cuxo baleiro ao explotar posúa efectos cegadores. Pregunto: como imos innovar dende o coñecemento, do que invariablemente só podemos agardar o mellor? A invariabilidade é a peor inimiga. Non sei de nada máis previsible que a erudición, capaz só de provocar máis erudición. O mundo agarda outra cousa, quizais esta nada hipermoderna.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas