Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
O normal é fracasar. Fracásese a todas horas. Á mañá, á tarde, á noite. Antes e despois das comidas. No traballo, na escola, na vida persoal, nas horas libres. É o propio, o familiar, o noso. A derrota ten moitos envases, moitos tamaños, moitos apelidos, moitos etcéteras, en fin. Pero o que apaixona é gañar. Ninguén renega do éxito. Gusta. Todos se apuntan. Perseveran. Arriscan. Digamos que a existencia posúe outra envergadura cunha vitoria. No lado contrario, o fracaso resulta case vergonzoso. Hai que agocharse. Perder está máis mal visto que nunca, estremece, horripila. Fede.
Pena. Porque hai fracasos melancólicos e poéticos. Grandes e fermosos fracasos. Históricos, épicos. Os Tours que perdeu Poulidor. O Gatopardo que Giussepe Tomasi non viu publicado. Os goles que Pelé fallou no Mundial do 70. O crack do 29. A perda de Cuba. O 14 de marzo. Hoxe tamén se pode dicir que resultou máis digno perder que gañar a Guerra Civil. O brazo perdido de Valle-Inclán. O extravío do Santo Grial.
Lonxe de defender a dignidade de fracaso, machucamos aos perdedores. Como se perder fora fácil. Obsesionámonos co éxito. Gañar é o importante, dicimos, o único, hai que gañar a toda costa. Nada desprende máis invisibilidade que un segundo, un sétimo ou un décimo posto. Desgraciadamente. O fracaso oculta. Fracasar, de feito, é o camiño máis rápido ao esquecemento. Fracásase hoxe e mañá, como moito pasado mañá, xa ninguén lembra nada. Persoalmente boto de menos a derrota de España en cuartos de final.
Perseguimos o éxito con fervor, obcecadamente, coa idea de que so non o acadamos, estamos acabados. É como se, despois da derrota, pasaramos a estar mortos. No camiño da vitoria estamos dispostos a calquera cousa. A enganar, a insultar, a traizoar, a vendernos. Pois non. O fracaso posúa moita dignidade. No fracaso apréndese, mellórase. Hai que volver ás grandes derrotas. Nada coma un relato de perdedores. O capitán Ahab. Cardeñosa. Hernández Mancha. O Atlético de Madrid. Tal vez a desaceleración acelerada, despois de anos de vacas gordas e crecemento económico, nos poña na boa senda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas