Fernando Ramos
Las ministras visitadoras niegan la realidad de Ceuta
PENSAR POR PENSAR
Teño o mal costume de acumular libros pendentes de ler durante todo o ano. A columna empeza tímida cos agasallos de Nadal e vai crecendo semana a semana coas compras, captación de novidades, obsequios de autores e autoras con cuxas amizades me honro e, mesmo, con recuperacións para reler. No pensamento levo instalada a idea de que o verán acabará desmantelando semellante torre de Pisa. En máis dunha ocasión tiven a idea de colocar unha etiqueta coa famosa frase propia de todos os lectores: “Libros para o verán”. Pero non, basta coa intención e así que alcanzamos a canícula selecciono aqueles exemplares que agraven o menos posible o peso da maleta e lévoos comigo unha vez ben calibrado o equilibrio entre o tempo dispoñible e o número de páxinas propicias para unha boa dixestión. O resto da columna queda na lista de agarda para o outono coas súas amables tardes de choiva tras os cristais. Non, todos os libros non son para o verán.
Este ano vinme a Llerena, no sur de Extremadura, acompañado de volumes de pouco volume. Non porque esa sexa a miña preferencia senón porque é a tónica do que se está publicando en demasía, especialmente en galego. Pasar das catrocentas páxinas parece un disparate para estes tempos nos que o lixeiro ou livián se aprecia en todos os ámbitos da existencia e o universo dos libros non deixa de ser un input máis desa realidade. Viñeron comigo dez exemplares de narrativa que suman pouco máis de mil duascentas páxinas en total, outro de historia que supera as duascentas e un ensaio que pasa algo das trescentas. Teño a certeza de que sete ou oito das novelas non me atraparán máis aló da metade da trama. Por que as vou a empezar? Por dúas razóns: por compromisos de amizade ou similar e polo de desexo de estar profesionalmente ao tanto das correntes literarias do meu tempo. O ensaio e a historia están a ser as miñas lecturas gozosas deste estío.
Co devandito non trato de desprestixiar a novelística actual nin os mecanismos do mundo editorial, nin moito menos
Co devandito non trato de desprestixiar a novelística actual nin os mecanismos do mundo editorial, nin moito menos. Gozo e gocei sempre coas narracións de curta extensión e cos libros de contos. Eu mesmo empregueime nelas con frecuencia. É máis, o próximo ano espero ver nos escaparates dous novos títulos meus. Unha novela en galego e outra en castelán, que andarán polas duascentas cincuenta páxinas cada unha, pensadas e traballadas para que á xente que le non se durma antes de chegar ao final. Ao meu modo de entender o problema non é só que as historias sexan curtas é que os contidos non pasen de anécdotas privadas, polo xeral traumáticas ou reivindicativas de lugares comúns baseados en inquietudes xeneralistas, en moitos casos faltas de calidade literaria cando non escasas de estilo ou similar. Por iso veño dicindo que a abundancia de títulos cotiáns adoitan ser máis carne de psicólogos ou psiquiatras que de críticos literarios.
Ao mesmo tempo, resulta desesperanzador comprobar a nimia supervivencia da maioría das publicacións, mesmo as de éxito publicitario, que desaparecen dos andeis ou das mesas das librerías nun par de semanas. A rotación de títulos é comparable aos departamentos de froitas dos supermercados, coa diferenza de que ao papel impreso nin sequera se lle deixa madurar ou podrecer por caridade. Sen alcanzar a gloria do xacobino Robespierre, nacen para acabar guillotinados no máis triste dos silencios. Por iso hai que pillalos con presteza e deixalos para o verán. Logo, cando caen das mans, eu aconsello abandonalos nos transportes públicos como un xesto contracultural eficaz. É o meu costume.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
Las ministras visitadoras niegan la realidad de Ceuta
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Os libros non son para o verán
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
Julia Navarro
Madres, padres
Lo último
CAMPEONATO EN ITALIA
El Mundial espera a los ourensanos
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays