Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Se hai combustible e osíxeno, unha chispa, por pequena que sexa, acende o lume, abre a porta ao inferno, como o que poido abrasar e quedarse con eses homes do mar, que navegaban e pescaban tranquilamente, no medio da incerteza, no caladoiro do Gran Sol, a onde van cos seus aparellos os mariñeiros galegos, sabedores e coñecedores da dureza, da coraxe e bravura do mar cando se repón. Case sempre!
O patrón do Nuevo San Juan de Burela e os seus homes mariñeiros viron como saía lume do pañol, como se incendiaba o barco todo el e como ardía a auga salgada daquel medio do mar. Todos eles, con enorme denodo vestiron os traxes especias salvavidas, botáronse ás balsas, pediron rescate e salváronse. Recolleunos outro buque galego que faenaba na zona, o vigués Nuevo Confurco, e trasladounos ao porto irlandés de Castletownbere.
Os galegos sabemos ben da dureza e da tristura dos incendios. Arrasaron os montes, os bosques, as restrebas; queimáronlle os folgos á xente labrega, fixeron cinza da terra e marcaron con pegadas indelebles o paso da riqueza á miseria e da beleza verde e florida ao gran montón de leña queimada, que aínda fumega. Probablemente sexan os incendios un dos máis grandes desastres naturais cos que se atopa a humanidade.
O lume é devastador para o medio ambiente e para a vida. Os expertos e a estatística din que cando se produce nun barco, na maioría das ocasión, lévao integramente consigo. Onde máis barcos arden é nos portos. Se prende nun, o incendio pode propagase ata queimar a todos os do mesmo peirao. Aí está, o lume, a pesar da súa amorosidade e harmonía, ten poder destrutivo, para destruílo todo. Por pequeno que sexa, queima moito, igual que o incendio da palleira, da corte das vacas, da libraría ou da chaqueta pousada nunha cadeira da cociña. E, como facían os homes de antes, o lume hai que apagalo antes de que acenda.
A Tía Manuela, en nome de vostedes, amigas e amigos lectores, felicita a eses mariñeiros vivos e dálles azos para seguir con forza na loita diaria pola vida, que -como a de todos os traballadores- é unha loita constate que precisa e agradece a cooperación e a comprensión. Tamén, ou de modo especial, das autoridades, que deben mirar directamente, escoitar as reivindicacións, deixarse de anuncios e atender á xente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas