Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Gallegos por el mundo y anécdotas y episodios americanos
O tren xa non fai chacachá, anda silencioso, caladiño e vai nun santiamén dun lugar a outro, de lonxe a lonxe, sen parar. Cando pasa por Redondela estremece as pontes de Madrid e Pontevedra, as dúas de finais do século dezanove. Atrevido e veloz pasa o tren marcando distancias co pasado, con aqueles camiños de ferro e travesas de carballo. Vai cortando o vento co seu fociño, como quen corta queixo fresco ou marmelo doce.
</nav> </header> Vai polo aire, acercando ou separando, constituíndo sempre unha oferta supostamente atractiva en moitos programas electorais. Vai e volve o tren en tódolos informativos, nas radios locais e nas de cobertura global, nas páxinas dos xornais, nas televisións todas, nos faladoiros e nos mentireiros. Pero non, non forma parte dese necesario programa de comunicacións que axude a vertebrar o territorio do país.
Parece mentira! Pero quen queira ir en tren de Santiago a Lugo, un mércores como hoxe, ten dúas opcións: unha, saír ás 16 horas e chegar as 18,35 e outra, por A Coruña, aínda máis lenta, con saída ás 18,22 horas e chegada ás 21,27. De Ourense a Ferrol só hai unha opción, no día de hoxe, saír ás 18,55 horas e chegar ás 21,30. É para que poidan presumir de eficiencia os programadores, os que deseñan, os que mandan e, mesmamente, os que gobernan.
Alta velocidade, si señora! Aí vén o tren, aí pasa cara alá e de alá vén sen parar. Non hai ferroviarios, non hai faros para alumear, non hai billetes nin hai estacións para mercalos. Quedan lembranzas agarimosas ou amargas, todas elas sumidas na escuridade total, enterradas no túnel do tempo, sen ver solpor nin amencer, probablemente, nunca máis.
A onde irá aquela realidade á que cantaba Andrés do Barro: “O tren que me leva pola beira do Miño/ me leva e me leva polo meu camiño”. Naqueles tempos, cando “o tren ía andando pasiño a pasiño”, engorde, amodo e recorrendo, pouco a pouco, a distancia entre apeadoiros e estacións. Era un medio de comunicación con moita utilidade para que a poboación puidera vivir en lugares afastados. Moi interesante, pero incerto.
Todo cambia, efectivamente, para cambiar de responsables e aprazar as responsabilidades. Como di a Tía Manuela, se lle cargan as alforxas e obrigan ao burro a ir marcando a vía de Vigo a Zamora, por Santiago e sen parar, morrería de resentimento por tanto mal e maltrato á sociedade, á xente, pola que ninguén espera na estación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Gallegos por el mundo y anécdotas y episodios americanos
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
La casa
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Televisión matinal
Jorge Ron
Al loro
Lo último
CONVOCA AL CONSELLO AGRARIO
Medio Rural pone fecha a la reunión con los tractoristas de Ourense: será este miércoles
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, martes, 13 de enero