Miguel Anxo Bastos
Trump fracassou por não cumprir as suas promessas
Non é unha peste calquera, é unha ruína para a sociedade enteira, unha vergoña que anda polas residencias, polas prazas públicas, polos organismos oficias e que se introduce de maneira mala no pensar, no facer, no responder e, polo tanto, no actuar constante de algúns funcionarios, que reciben aos cidadáns cos minutos contados; cronometrados, se é na hora do café. Non hai reposta a nada, ofrecen consignas ou palabras sen contido, igual que aquel “vuelva usted mañana”, igual, tal cal, como se conta.
Ela estaba na súa mesa sentada, detrás dunha vertical con cristal ensombrecido, e notábaselle, ao engurrar a testa, que algo había.
-“Séntese, señora. Cale e non grite, escoite!: teño uns minutos contados para atender o seu caso e nada máis”.
-O meu caso é un expediente de principios da década pasada e que agora, ao parecer, teño que facer unha reclamación.
-Efectivamente, estou lendo a resolución que lle enviamos, na semana pasada, e o que lle queda é reclamar, facer unha reclamación e presentala no prazo sinalado, para que a autoridade competente resolva.
Ha! Pero podo facerlle unha pregunta, cal sería o motivo da tardanza desta resolución recentemente ditada?
-Non sei nada, a vostede quédalle -como digo- a vía do recurso. Recorra! Fágao por internet ou vaia a unha xestoría.
-Moitas grazas, señorita. Con tanta internet sobran milleiros de funcionarias. Con tanta ineficacia, con tanto abuso, con tanta présa, tanto café e tanta burocracia, a cidadanía queda espida completamente e sen razón.
A vía do recurso, dicía a oficinista, aquela feiticeira e irritada operaria sentada, detrás do cristal, nunha cadeira tapizada de funcionaria, con máscara combinada coa camisa que levaba. Tiña carácter triste como a vidalita que lle gustaba, pero non paraba, aferrábase á lectura da resolución que enviaran e: “xa sabe, recorra, señora!, recorra no prazo estipulado, non deixe pasar máis tempo”.
A Tía Manuela sábeo por experiencia, “hai servidores públicos, a inmensa maioría, de enorme eficiencia, e hai funcionarios que non teñen perdón de Deus, séntanse ao quente, se é no inverno, e acenden o aire acondicionado cando queren o cuarto fresco”. Camilo José Cela referiuse nalgunha ocasión á ditadura do funcionario, unha peste que se estende polos despachos e pode matar a quen lle toque.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Miguel Anxo Bastos
Trump fracassou por não cumprir as suas promessas
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Es el momento de la gestión
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Un grano en la farmacia
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Dime la verdad pero a mi manera
Lo último