Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Invariable. Ano tras ano ocupa portadas dos informativos. Convértese en pésima actualidade, fundamentalmente no verán. En calqueira parte do mundo, incluso onde máis nos doe: en Ourense, en Galicia. Moito teñen mellorado os servizos de extinción nas derradeiras décadas, gran esforzo de coordinación de medios humanos e materiais entre as distintas administracións e o papel de salvagarda do exército. Mais non podemos consentir que esta fatal nova sexa tan reincidente como voraz. Temos que negarnos a que sucesos tan dramáticos comos os vividos nestes días e semanas en Vilardevós ou Chandrexa de Queixa formen parte dunha inexplicable resignación.
Sobra dicir que o esforzo máis grande ten que ser na prevención, nos traballos de limpeza e desbroce, no bos hábitos gandeiros e empresariais, no labor social das asociacións que desplegan a súa actividade nos nosos montes, no coidado que deben manter os propietarios das fincas, tan importantes na nosa provincia as xuntas rectoras dos montes veciñais en man común… incrementemos a concienciación social medioambiental nas rapazas e rapaces do mañán. Poñámonos en pé contra os intereses de todo tipo que rodean esta desgraza. Precisamos hábitos e conductas exemplares, mesmo cunha asignatura específica na escola.
Hai que desterrar de raíz pensamentos e actitudes criminais de aprendices de Nerón ou Eróstrato, parece ser a primeira persoa que decidiu incendiar algo (concretamente, nin máis nin menos, o templo de Artemisa en Éfeso) executado e condenado á “damnatio memoriae” (prohibíuse mencionar o seu nome en calqueira circunstancia baixo pena de norte).
O gran fundamento da solidariedade é actuar xuntos canto antes, xa falaremos logo de culpabes
Cada certo tempo fanse familiares expresións como “ola devastadora”, “arrasa”, “lume perimetrado”, “desaloxo de vivenda”… información que xurde ante o lume, sexa provocado ou non, que devasta o noso lar e arrebata vidas, soños e moitos proxectos. Velaí a homenaxe que todos debemos render aos profesionais que arriscan todo para parar esta “lacra”, outra das verbas que cansinamente oímos de vez.
O gran fundamento da solidariedade é actuar xuntos canto antes, xa falaremos logo de culpabes, porque o prioritario é apagar o pesadelo: extinguir. Un informe do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (Pnuma) sinala que, a nivel mundial, o risco de incendios forestais extremos podría aumentar un trinta por cento antes de 2050 como consecuencia do cambio climático e os cambios no uso da terra, incluindo como tal por exemplo a queima con fins agropecuarios. ¿Estamos a tempo de parar esta tendencia? Evidentemente é labor de todos e témolo que intentar. Non podemos permanecer impasibles vendo cómo todo se estraga, cómo o lume vaga sen control ou non atopamos a pirómanos e non se lles aplica a lei.
O impacto dos lumes forestais no chan, na auga, na vexetación e na fauna ninguén o pode negar. Atentan directamente contra o que máis precisamos porque un incendio forestal, e sólo fai falta un misto para inicialo, destrúe en horas o que a natureza tardou anos en construir. Sei, pola miña experiencia profesional na administración, da vocación de servizo e da preparación dos equipos de prevención e extinción, tamén da implicación das forzas e corpos de seguridade do Estado porque queimar o bosque é queimar a vida. Escoiteille a Antonio Guterres, secretario xeral da ONU, que a emerxencia climática é unha carreira que estamos perdendo, pero é unha carreira que podemos gañar.” Estou absolutamente de acordo. Si todos actuamos na prevención, vixiamos e extinguimos os lumes temos unha oportunidade. A oportunidade que xurde da nosa condición de copropietarios da natureza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor