Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
¡Buone visioni!
Se non che gusta o xénero de terror estival e igualmente séntesche atraído polo crime e as historias de horror real, recomendo unha serie que se estreou con éxito no Festival de Venecia o ano pasado e que xa está dispoñible nas plataformas de Movistar+ e SkyShowTime. É a adaptación da novela histórica de Antonio Scurati, M.: Son of the Century, sobre o ascenso ao poder do ditador italiano Benito Mussolini. Son 8 episodios dirixidos polo cineasta Joe Wright e guionizados por Stefano Bises (Gomorra e The New Pope) xunto con Davide Serino (Exterior Noche) e coa colaboración do mesmo Scurati. Entre os produtores figuran Paolo Sorrentino e Pablo Larrarín. Xa estes son motivos suficientes para ver un dos mellores relatos cinematográficos sobre esa época histórica. A serie céntrase nos anos que van do 1919 ata o 1925, desde a formación do ‘Fasci da Combattimento’ ata a imposición das ‘leggi fascistissime’, leis que marcaron o comezo oficial dos vinte anos de ditadura fascista en Italia.
"Analizar en profundidade a natureza humana de Mussolini axuda a comprender máis o carácter da cada un de nós e ao mesmo tempo a conciencia colectiva"
É unha representación lograda, espeluznante e, por iso, non menos humanista, dun ditador que, noutros proxectos cinematográficos, resultou retratado con demasiada frialdade. Como dixo Scurati nun entrevista: “Era moi importante non demonizalo. Dise dos ditadores que eran persoas con alma enferma, malvados. Ese tipo de discurso, dalgunha maneira, absólvelles de responsabilidade”. Analizar en profundidade a natureza humana de Mussolini axuda a comprender máis o carácter da cada un de nós e ao mesmo tempo a conciencia colectiva. Entender como o fascismo acabou entrando no corazón dun país e de como, en determinados momentos de caos e abandono social a historia repítese. O ditador dialoga co espectador: “Sempre chega un tempo onde os pobos extraviados van cara as ideas simples. A sabia brutalidade dos homes fortes” di Mussolini mirando fixamente á cámara mentres as imaxes das revoltas populares superpóñense á súa cara: “Bastan as palabras xustas, rectas, as miradas, o ton xusto. E entón nos amades, vós nos venerades... Sí, tamén vós converterédesvos en fascistas”. Inevitables son as comparacións co presente. Os datos históricos, incluíndo as frases que o director pronuncia nos seus discursos, son documentados con rigor. Pero a serie non se limita a facer unha crónica distante dos feitos. Toma licencias creativas. Ademais de romper a cuarta parede, modifica dixitalmente imaxes de arquivo permitindo un diálogo máis eficaz coa nosa contemporaneidade. Un dos momentos máis evidentes dese diálogo contundente co presente actual é cando Mussolini pronuncia unha frase en inglés: “Make Italia great again”, con claras referencias á política trumpista.
Luca Martinelli encarna un Mussolini visceral, pero en M.: Son of the Century aparecen distintos coprotagonistas. Hai retratos excelentes da intelectual Margherita Sarfatti (Barbara Chichiarelli), do poeta Gabriele D’Annunzio (Paolo Pierobon) ou do futurista Marinetti (Stefano Cenci) só por citar algúns. A serie abre distintas subtrámas relacionados con estes personaxes, incluíndo a dramática traxectoria política de Giacomo Matteotti (Gaetano Bruno) e da súa muller, a poetisa Velia (Elena Lietti), ou a triste historia de Ida Dalser xa contada no filme Vincere (2009) de Marco Bellocchio.
M.: Son of the Century é unha das mellores series históricas estradas ata o día de hoxe. Aínda así, de momento parece que non haberá unha segunda tempada. Chegou con dificultade ás pantallas dos Estados Unidos. A maior, os produtores deixaron caer que non queren enemistarse demasiado o actual goberno italiano – un monólogo de Scurati foi censurado pola RAI o ano pasado. Pero máis aló das cuestións ideolóxicas e políticas, estamos a falar dunha das serie incrible e terriblemente bella. O verdadeiro crime, polo espectador, sería deixala escapar.
“El regreso de Ulises”, “Agarralo como puedas” y la comedia española “Sin cobertura” llegan hoy a los cines en los que compartirán cartelera con la película de terror “Tiburón blanco. La bestia del mar” y el thriller de acción “Shadow force”. Uberto Pasolini dirige “El regreso de Ulises”, la cinta basada en “La Odisea”. Interpretada por Ralph Fiennes y la oscarizada Oscar Juliette Binoche que vuelven a compartir pantalla tras “Cumbres Borrascosas” y la icónica “El paciente inglés”. Tras 20 años de ausencia, Ulises aparece en las costas de Ítaca, demacrado e irreconocible. El rey ha regresado, pero muchas cosas han cambiado desde que partió a la guerra de Troya.
Lian Neeson se pasa a la comedia en “Agarralo como puedas”, la nueva entrega de la parodia policiaca casi 40 años después de inicio de la desternillante franquicia. Akiva Schaffer dirige este “reebot” que cuenta las aventuras de un policía torpe pero que se toma muy en serio a sí mismo. Por su parte, Ernesto Sevilla, Alexandra Jiménez y Luna Fulgencio protagonizan la comedia “Sin cobertura”, bajo la dirección de Mar Olid, en la que la más pequeña de una familia está cansada de que todos estén siempre pegados al móvil y no le presten atención.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor