Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
Entre a forza e o muro
PINGAS DE ORBALLO
Déixome levar pola música de Vangelis, mais caio na conta de que non me movo, de que sigo aquí. E sigo pensando nos dous vídeos que acabo de recibir e que circulan por unha rede social sobre os mandilóns das avoas. Semella que a alta costura bota man deles para que as modelos os amosen nas pasarelas. Non sei se é realidade ou unha broma. En principio, falando das súas cores, das súas formas, das súas características e sinalando un para as señoras que gardaban loito, e como só tiña de negro as ombreiras, dixo que a eses mandilóns lles chamaban “de alivio”. O de alivio fíxome rir.
Repito, non sei se os vídeos son de broma ou son reais, pero o que si sei é que esa peza de roupa merece máis que pasarelas, modas e alta costura. O mandilón (tamén o mandil) para a muller galega -si, máis a da aldea que a da cidade-, representa a esencia, a utilidade nas súas labores ou tarefas domésticas, caseiras.
A música de Vangelis non me moveu do sitio, pero os vídeos do mandilón trasladáronme a aquela infancia na que tal peza era o contrasinal da muller labrega
Penso que o mandilón das avoas (o de avoas é un dicir, pois aínda hoxe é unha prenda que seguen usando avoas, nais e fillas) era incluso de máis utilidade que a que pode ser a famosa funda para certas profesións. O mandilón (peza de roupa ampla que se pon, xeralmente, por riba da roupa e que pode ser aberta por detrás ou levar botóns por diante) ou o mandil (peza de roupa que, atada á cintura e ás veces tamén ó pescozo, se pon sobre a outra roupa para non manchala por diante), non só resgardaban a roupa de graxas e porcalladas, senón que tamén servían para secar as mans, limpar bágoas, sonar mocos e mesmo lavar a cara. Sempre lembrarei aquela forma de mollar coa lingua unha punta desas pezas e limpar os mocos e fazulas dos nenos.
A música de Vangelis non me moveu do sitio, pero os vídeos do mandilón trasladáronme a aquela infancia na que tal peza era o contrasinal da muller labrega. Valía para todo zarrapique; estivese roto, remendado, novo, vello, gastado...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
Entre a forza e o muro
Benito Iglesias
La vivienda gira hacia la edificación industrializada
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Las leonas con melena
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Crueles veinte segundos
Lo último
AVANCE ORDENADO Y CONSTRUCTIVO
Trump afirma que no cerrará un pacto precipitado con Irán
MANIFESTACIÓN POR EL TERRITORIO
La protesta anual contra Ence toma el centro de Pontevedra y suma la petición por el archivo de Altri