Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Nunha columna anterior (que levaba o título de Infinito) facíame eco dunha noticia publicada no mes de agosto en distintos medios de comunicación dando conta de que o Instituto Astrofísico de Canarias acababa de detectar unha nova galaxia distante da Terra 5.000 millóns de anos luz. Nesa mesma columna pedíalle ó amigo Juan Casalderrey, profesor de matemáticas, unha tradución de tal cifra ó meu nivel de coñecementos co fin de que me puidese resultar algo máis entendible a magnitude daquelas distancias.
Pedíralle eu axuda, e el elaborou dous supostos ó respecto. Nun caso, contando os quilómetros por grans de area, e, no outro, contando os quilómetros por moedas de can (dez céntimos das antigas pesetas). Aquí, por falta de espazo, ocupareime tan só do primeiro dos supostos.
Concertáramos un encontro na librería Tanco. A modo de saúdo, recibiume cunha pregunta que me desconcertou por completo. ¿Cantos gran de area, cres ti, que caben no oco dunha man? Centos, miles, moitos, foi o que se me ocorreu, por dicir algo. ¿E nun caldeiro? ¿E na praia da Lanzada? Agora fun eu o que lle pedín me aclarase o sentido daquel estraño interrogatorio. Momento no que el, pois abre e lee, me fixo entrega dunha carpetiña con varios folios dentro.
Pasei rápido polos dous primeiros folios no que facía referencia a superficies, volumes, distancias, anos luz, fórmulas, cifras astronómicas e cálculos, nos que eu me perdía. E fun ó terceiro, o das conclusións, que dicía así: Se o deserto do Sahara (nove millóns de quilómetros cadrados) estivese formado exclusivamente por grans de area e tivese unha profundidade de 50 metros, o número de grans do deserto sería moi similar o número de quilómetros que hai dende o planeta Terra á galaxia recentemente descuberta. Ata aquí, o seu texto. Modelo didáctico moi apropiado, e certamente enxeñoso.
Pero ollo!, moi apropiado, de momento. Pois, segundo a hipótese do físico Nikodem Poplawski, profesor da Universidade de Indiana, este noso Universo, con todas as súas galaxias, estaría aloxado nun de tantos black hole (buratos negros) pertencentes a un Universo de dimensións infinitamente maiores. Co que, amigo Casalderrey, de cumprirse a hipótese e de seguir co teu modelo, dificilmente habería grans suficientes para tales distancias, por máis que se xuntase a area de todos os desertos da Terra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva