Manuel Orío
RECORTES
Tres eran tres
El tiña medo ao can e ao gato, ao fracaso e ao éxito espontáneo, a ese que chega entre lusco e fusco. Os outros tamén tiñan medo e non sabían que camiño coller para fuxir. Corrían todos, uns diante dos outros, pero ninguén chegaba. A verdade é que corrían cara a ningures e cara o abismo. Que pena! E aí está a pandemia atemorizando á cidadanía mundial, para que todos, homes e mulleres, nenos e vellos, se poñan ao rego e aren. O medo imponlle á xente unhas condicións de submisión nunca vistas nin imaxinables, deplorables e inxustas.
Ese sentimento de inquietude que se experimenta ante a presenza dun perigo dana a convivencia e fai moito mal aos que xa están mal. É unha mágoa vivir con medos, pensar que pasa o tren e quedas en terra, que non tes que darlles para comer aos fillos, que suspendes o exame, que vas, tranquilamente e con velocidade moderada, no teu coche pola autoestrada e zas!, directamente para UCI saturada e cos integrantes do equipo sanitario mortos de traballo e con medo. Con moito medo a perder as eleccións, andan os responsables políticos do negociado, eses que procuran, por tódolos medios, estender o temor, sabendo que é unha ferramenta ben apropiada para ter á poboación atada, atrelada á argola do pánico.
“O Estado mesmo constitúese por medo”, dicía o filósofo Thomas Hobbes. E a mesma sociedade, conxuntamente cos seus dirixentes, é xeradora de medos, entre eles o medo ao odio, á enfermidade, a perder o emprego, á fame e ao inferno. Se vostedes, prezados lectores deste xornal, paran un instante e reflexionan sobre o medo, enseguida caen na conta de que forma parte das ideoloxías e das relixións, de forma tristemente permanente.
Epicuro, o filósofo que naceu en Samos (Grecia) no ano 341 antes de Cristo, xa o dicía, ao ser humano aféctanlle catro medos: o medo aos deuses, o medo á morte, o medo á dor e o medo ao fracaso. Agora, na contemporaneidade, hai que engadir o medo aos inimigos e aos compañeiros de partido. Pepe de Cereixo, un pescador de chalana que rema de noite e de día, di que o medo é libre, con tanta liberdade como a auga do mar, que vai e vén con toda a forza da verdade, mollada e salgada, para regular o tránsito, as entradas e as saídas. Para que?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Manuel Orío
RECORTES
Tres eran tres
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquellas divertidas erratas de la prensa local
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Los lunes sin "leición"
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Moitas grazas, Ourense
Lo último