Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
¡BUONE VISIONI!
Succession pode ser considerada unha das mellores series da última década. O seu creador, Jesse Armstrong, escribiu o guión inspirándose na familia Murdoch xuntando algúns dos feitos reais que caracterizaron a vida do propietario de Fox News, engadindo elementos da familia Redstone - donas das empresas de entretemento Viacom e CBS - e cunha mirada dirixida ao icónico Hearst que inspirou Ciudadano Kane (1941) de Orson Welles. Succession é unha farsa dramática en torno ao poder e a política que vira arredor das relacións familiares do 1% do megarricos do mundo. Hai unhas semanas, Jesse Armstrong volveu ás pantallas, sempre a través da plataforma de HBO Max, con Mountainhead, a súa primeira longametraxe, e que podería ser considerada un anexo á serie.
Catro amigos millonarios, plutócratas da tecnoloxía, escápanse do ollo público e reúnense na megamansión dun deles en Utah para pasar a fin de semana. Mentres tanto, no resto do mundo, explota unha crise internacional causada por unha app de deepfakes lanzada por un deles...
Armstrong aposta pola testosterona, apoiándose nun elenco exclusivamente masculino. Steve Carell interpreta a un magnate canoso, un inversor ao estilo Peter Thiel, Ramy Youssef é unha mestura entre Jeff Bezos e Mark Zuckerberg mentres Cory Michael Smith encarna unha figura engreída e desatada moi parecida á de Elon Musk. Por último, Jason Schwartzman interpreta a Soups, o dono da mansión, o menos poderosos e, por iso, o máis puteado do grupo.
O retrato que nos ofrece Armstrong sobre os novos magnates é corrosivo, absurdo pero á vez moi verosímil. A posta en escena ten algo de teatral: o filme réxese sobre todo nos diálogos e nas interpretacións. A medida que avanza, a película transita pola comedia negra e incluso o thriller. Non chega a ter o nivel de elegancia dos filmes do sueco Ruben Östlund, un cineasta que abordou o tema do poder, dos tics e da pobreza moral das clases privilexiadas en filmes como El triángulo de la tristeza (2022), The Square (2017) ou Fuerza mayor (2014). Pero é un filme que funciona moi ben para o formato da pequena pantalla ao que está dirixido. Ao igual nótase que Mountainhead gravouse a toda presa, como declararon os produtores – rodouse en Park City, Utah, o pasado marzo – chegando ás pantallas só dous meses despois. Estrear o filme moi rapidamente era necesario porque quería reflectir a realidade actual. Muntainhead intenta dialogar directamente coa sociedade ameazada polos avances da IA e polas ideoloxías de dereita ultraliberais que se están a consolidar en moitos países do mundo.
Por iso, a pesar de ser unha obra imperfecta, merece igualmente un visionado. Intenta debuxarnos os contornos do pesadelo dun mundo controlado por multimillonarios da tecnoloxía. Unha distopía na que uns personaxes megalómanos, cínicos, desprovistos de moral, dedícanse a traer beneficio persoal do caos e do descontrol.
Esta semana llega a los cines “28 años después”, dirigida por Danny Boyle. Casi tres décadas después del brote del virus de la rabia, algunos han aprendido a sobrevivir bajo cuarentena. Protagonizan Aaron Taylor-Johnson, Jodie Comer y Ralph Fiennes. El film retoma el tono oscuro y tenso de las anteriores entregas, con nuevos escenarios y dilemas humanos. Pamela Anderson vuelve con “The Last Showgirl”, donde interpreta a una bailarina de 50 años que debe replantearse su futuro tras el cierre de su espectáculo.
Desde Argentina, “Lo que quisimos ser” presenta a una pareja que crea una fantasía para convertirse en astronauta y escritora. La película reflexiona sobre los sueños no cumplidos y el deseo de reinventarse. Entre las españolas destacan “Bajo el volcán”, un thriller con volcán activo y tensión científica; “Vírgenes”, una comedia ambientada en 1968 sobre juventud, libertad sexual y dictadura; y “La furgo”, un drama sobre precariedad y paternidad, con tintes sociales.
También se estrenan la francesa “Juliette en primavera”, sobre los lazos familiares; la épica china “Ne Zha 2”, con magia y acción; y “Sonido de esperanza”, basada en una historia real sobre adopciones masiva.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva