José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
China, en el nuevo mapa del poder global
CON LANDA
NOS GOYA
Foi a única vez que o vin en persoa, naquela Gala do 2007 na que lle outorgaban o Goya de Honra, despois de ter recibido outros dous anteriormente, no 87 pola magnífica interpretación galega do Fendetestas en El Bosque Animado, e no 92 polo papel protagonista de La Marrana ó lado de Antonio Resines, estando nos dous casos magnificamente dirixido polo noso albaceteño ourensanizado José Luis Cuerda. Nin que dicir ten que os afeccionados ó cine lembramos con especial devoción o seu papel en Los Santos Inocentes de Mario Camus que lle valeu o Premio ó Mellor Actor, ex aequo, co impresionante Paco Rabal de milana bonita, no Festival de Cannes do 84.
Tiven a oportunidade de felicitalo en Madrid no Auditorio do Parque das Nacións a onde asistín convidado pola actriz e amiga Isabel Blanco, quen me enredaría dous anos máis tarde para participar de xeito ben divertido no programa Comando Chef producido por La Región, nesa noite de premios do cine español na que os que estabamos sentados no patio de butacas tivemos que conter a respiración cando o xenial actor non foi quen de guiar un discurso máis ou menos coherente; intuímos que algo raro lle estaba pasando, e cos nosos aplausos e o inmenso cariño que lle transmitimos fomos quen de sacalo airososo daquela difícil e incómoda situación. Nestes días xa se dixo todo deste simpático navarro que tanto e bó fixo polo noso cine, desde a súa etapa dos 60 ou do landismo dos 70 ata ás últimas décadas onde puido demostrar, para os máis escépticos, o pedazo de actor que era. Sei que o gran showman vigués Tony Lomba lle renderá homenaxe próximamente, co seu compañeiro Elio dos Santos, nese outro Cannes galego, o Festival de Cans no Porriño, porque para Alfredo Landa xa cantaran hai algún tempo nun programa da Galega unha canción dedicada especialmente para el versionando o Yolanda de Pablo Milanés, con emoción incluída do actor que lle pedíu ós intérpretes que lla gravaran para ensinarlla ós seus netos. ¡Grande Alfredo! quen, mesmo sen querelo, protagonizou unha das frases coreadas polos siareiros do último mundial de fútbol ganado por España: Cuidado Holanda que viene Alfredo Landa.
LUCÍA PÉREZ EN ARXENTINA
Tras pasar uns dias actuando e promocionando o seu último disco en terras mexicanas volve a cantante galega Lucía Pérez á Arxentina, onde xa estivera a principios de mes co gallo da Feira do Libro. Agora asistíu a varias entrevistas radiofónicas e televisivas como a mantida en Radio Arinfo con Patricia Invernizzi ou a realizada nos estudios do Canal 26 TV dentro do programa El Diario del Domingo. O pasado xoves ofreceron un concerto na Sala Miscelánea de hora e media de actuación, concerto que repetirá na mesma sala hoxe mesmo debido ó éxito de público. O venres participou nun evento musical no Centro Galego de Bós Aires como anticipo do que sería o gran acontecemento da visita a América da artista galega, o gran concerto no Teatro Avenida da capital arxentina a beneficio do Hospital de la Plata, gravemente afectado polas recentes inundacións. O numeroso público aplaudíu e vibrou cos grandes éxitos da nosa galega eurovisiva e do cantante e productor Chema Purón, moi recordado e querido por aquelas terras, onde desde hai anos leva cantando e compoñendo cancións para artistas da talla de José Luis Rodríguez El Puma, Nana Mouskouri, Paloma San Basilio ou Francisco, a quen lle compuxera a canción A donde voy sin ti coa que ganaría o Festival da OTI no 1992.
SEI QUE
ESTABAS AÍ
Ede Chema Purón sigo falando, porque el é o autor desta canción que vou estrear no Luar deste venres, Día das Letras Galegas, e á que eu mesmo lle fixen a adaptación ó noso idioma. Que este compositor rioxano che faga un tema é un auténtico luxo, porque como o mellor xastre sabe facer impecables traxes á medida, como lle fixera a Anabel Conde o Vuelve Conmigo para ó Eurovisión dublinés do 95 onde acadara o segundo posto, conseguindo que moitos compoñentes da orquestra do festival se puxeran en pé para aplaudirlle. Pois aquí teño por fin este Sei que estabas aí dedicado, como non podía ser de outro xeito, a todas aquelas persoas que apoiaron e seguen apoiando a miña carreira artística e ás que quero agradecerlles todo o apoio recibido nos bós e nos malos momentos. A producción musical confieilla unha vez máis ó meu amigo Fernando Campos dos Estudios Edisco de A Estrada, onde Juan Pardo gravara íntegramente o seu exitoso Alma Galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
China, en el nuevo mapa del poder global
Carlos Risco
COSAS QUE NO CONVIENEN
Distinguir el resplandor apocalíptico de la civilización
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Juanma y la parábola de San Pedro
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
103-13: Un sonrojo galáctico
Lo último
DECLARACIONES PREVIAS
Moncho López, entrenador del COB: “No hablamos de final, pero sé lo que nos jugamos”
ENTREVISTA DEL VIDA
Antonio Cortés e a pesca como paixón
VOLVER A GANAR
El COB a por un domingo de resurrección
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 5 de abril?