Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Así están las galerías, así está Ourense
Don Carlos Alonso del Real, eximio catedrático, nas súas marabillosas e algo caóticas clases de Prehistoria e Arqueoloxía a "retrotempo" –empezaba no mundo romano e ía para atrás, na idea de que había que partir do máis coñecido e ir cara ao descoñecido –o paleolítico e a hominización- comentábanos no curso 1980-81, o último da súa traxectoria docente, que os arqueólogos do futuro, escavando as vivendas de hoxe, poderían pensar que os televisores eran obxectos de culto. A razón é simple: estaban no lugar central da casa e todas as sillas e sillóns estaban sempre enfocadas cara a eles, e servían de apoio a pequenos obxectos –desde bonecas andaluzas a figuriñas de Sargadelos- sen dúbida ex-votos como os vellos de cera da Capela dos Remedios ou de terracota do mundo romano. Daquela, riamos coas ocorrencias do vello profesor que o que quería era que abrísemos as mentes a outras interpretacións posibles e máis cotiáns dos restos que se ían atopando e non sempre botar man do fácil recurso da interpretación máxico-relixiosa.
Claro que non podía prever don Carlos nin a desaparición da "caixa tonta" –soporte dos ex-votos- substituída pola "lámina tonta" –digamos que TV de plasma, leds, ou similar-, nin a proliferación xeométrica de pantallas por todos lados dificultaría o tema.
Porque agora estamos todo o día rodeados de pantallas. Arestora téñolles diante a do ordenador no que escribo, enfronte a do televisor apagado, e por riba da mesa, a do teléfono móbil... E faltan algunha outra clave tamén na nosa vida cotiá: a pantalla do caixeiro automático. E hai aínda quen ten tablet, ton-tón, etc. para complementar as pantallas de publicidade dos bancos, perfumerías, ou calquera outra tenda que se prece de moderna.
En fin, que o outro día cadroume ir á igrexa dos Salesianos e alucinei coas seis megapantallas colgadas das columnas e lembrei que había pouco estivera noutra igrexa e tamén estaba chea delas... E pensei que a razón asistía a ese movemento de tranquilidade cívica que pide deixar as rúas libres de tan absorbente obxecto, a través do seu lema de terrorismo de baixa intensidade "pantalla a la acera, pedrada certera". Ocupan espazos públicos con imaxes obrigatorias, e iso é invasor. Na igrexa non, só vai quen quere. Espazo privado. Pero.
Eu creo que as igrexas foron e deberían seguir sendo lugares de introspección, reflexión, tranquilidade, acougo, comunicación espiritual, calma... e deben modificar tirando a pouco a súa forma e ritmo... Non o fixeron en mil ou dous mil anos e non lles foi tan mal. E se o crego tarda uns minutos, non hai que andar "divertindo" ou "entretendo" aos fieis eses momentos... E lembrei dúas mensaxes "antimodernidade" que vin en templos. Ou sexa, en favor do recollemento e tranquilidade. A primeira en Santiago, hai anos, puña: "Apague el móvil, para hablar con Dios no lo necesita"; logo sacárono, debíalles parecer un chiste. A outra, en Armenteira, no acceso á capela do convento, dicía máis ou menos: "Non faga fotos nin videos no interior. Grave as imaxes no seu corazón".
Pois si. Creo que perden bastante as igrexas coa invasión do plasma: é o novo deus bárbaro da relixión pagá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Así están las galerías, así está Ourense
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La cuenta de la autovía
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El puente viejo que permiten seguir siendo viejo
Rosendo Luis Fernández
"No hay tutía"
Lo último