Juan José Feijóo
El CIS de Tezanos “siempre da en el clavo”, por supuesto
Como galego aspiro a que tódalas forzas políticas asuman a defensa dos intereses de Galicia como eixo fundamental da súa actuación. Esixir o que nos corresponde como pobo, exercer un galeguismo integrador e ambicioso. Por eso confío en que o congreso do PSOE galego sirva para cambiar o seu rexeitable comportamento nas derradeiras datas e a que medre o seu peso dentro da estructura estatal. Pero o escenario non pode ser máis pesimista. Explícome. Tres exemplos, cruciais nunha estratexia política en clave de Galicia, de engano masivo ós galegos no derradeiro mes. Así, en materia de infraestructuras, o voto en contra dos colegas socialistas de Madrid no Congreso (lembremos que dous cabezas de lista nas pasadas eleccións xerais eran, e son, ministroso coruñés Molina e a ourensán Espinosa, un terceiro é o que controla o aparato en Ferraz e o de Pontevedra o presidente da Comisión na que se producíu a votación) para a creación dunha subcomisión que controle os investimentos do Estado en Galicia. Menu da papeleta para Touriño explicar o inexplicable do seu voto en contra. Sigamos, agora en materia de financiamento autonómico, coa postura do Goberno central pasando por riba dos criterios reclamados polos socialistas galegos -compartidos por nacionalistas e populares- esixindo que se contemplen variables como o envellecemento da población e a súa dispersión. Aquí o PSOE díce unha cousa e en Madrid mándano calar.
En terceiro lugar, pero non por elo menos importante, a postura do PSOE nacional, do Goberno, en contra dun acordo plenario unánime do Parlamento de Galicia, adoptado hai uns días, para a reforma da normativa electoral que permita o voto en urna dos residentes galegos no exterior nas vindeiras eleccións autonómicas. Aquí pedimos unha cousa -estando todos de acordo- e topamos co muro socialista en Madrid, co tan denostado rodillo.
O gravísimo destas situacións, queridos lectores, e que en tódolos casos Touriño -reelixido secretario xeral este fin de semana- sabía que a súa postura, e a do partido en Galicia, non ía ter éxito en Madrid. Coñecía perfectamente que tratábase todo dunha patética actuación cara a galería. Dicir unha cousa, vender un proxecto, a sabendas da negativa dos que te patrocinan e encargan da franquicia. Unha bulra, non negra, senón vermella. Moito me temo que o futuro do PSOE en Galicia seguirá por esta senda da POSE dado o seu pouco peso en Madrid. Están os galegos a descubrir o que agochan esas facianas de ande eu quente e ríase a xente. En realidade estánse a rir de nos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
HUELGA SANITARIA
Más de 4.000 ourensanos, afectados por la huelga de médicos
AMPLIACIÓN HISTÓRICA
La Red de Juderías aumenta con el liderazgo de Ribadavia
PLAN PROVINCIAL DE LECTURA
La campaña provincial de lectura deja 261.000 euros en las librerías de Ourense