Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Non son horas de pescudar os eixes lumiosos do seu esprito podente e sotil. Millor alentar na ergueita e ispirada promesa do Responsoio de “Credo, quod Redemptor meus vivit...” o mais agasalleiro pras ialmas dos labregos en cuia fondura Vicente Risco, o petrucio da nosa Etnografía, soupo chegar deica os roleiros da conciencia. Escribo na mesma vella casa onde entramos temos nado. Soio, pechando os ollos, volto a aquiles días da xeneración de Castelao, de Villar Ponte, de Lousada Diéguez. A quen soupo creare unha realidade do dinantes vago ser da Galiza.
Foi Risco o derradeiro en deixarnos. Unha fonda e longa delor de ausencia faráse na Nosa Terra cuia lingoa escribiu con mestria non parexa. Penso no entusiasmo con que acollía as doctrinas novas e afondaba con método rexo nas raras metafísicas e nos tecidos dos mitos. A laboura esencial de Vicente Risco, proba de qué xeito as feitios mais ergueitos da cultura oicidental se adaitan o xenio do noso romance e non é a masis levián das obras do Risco, o irmán e amigo a cuia morte non podemos afacernos, o ter desenfeitizado moitas realidás galegas hastra il encobertas na volgaridades ou na friguiza do pintoresquismo.
Baixa a terra santa dun adral galego seu corpiño amuchado nista raiolante primaveira. Xa perto dun dos días e festas masi fermosas de Ourense. Non ha ser enxamais esquecido. Pois hastra seus silencios, nos seus días criadores, latexaban de amor a sua xente e terra e xamais foi desamparado pola seguranza da inmortalidade do espritu. Cecáis xuntou algo de Vicetto e moito de Murguía na sua obra de historiador. Han notare os críticos seu arte xenial de novelista e todo leente pode cos escritos de Vicente Risco refacer unha historia da cultura que ninguén na España do noso século poidera como íl ter alicerzado. Mais, por hoxe, por moitos días, soio a ilusión de ser a morte unha fantasía e agardar na conversa, na carta, no artigo, aquil acento xeneroso, fino, que en calquer tema sabía “coller e rosa sin abalar a roseira”. Ilusión non negada a seus vellos amigos, os nados as loitas e arelanzas do espritu baixo a mesma bandeira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas