Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O Recuncho das palabras
PINGAS DE ORBALLO
Anda non hai un mes que o meu fillo Xoel e eu fixemos unha serie de andainas das que fun falando, pero resulta que se me escapaba unha: a que realizamos o 22 de agosto pola parroquia de Moura, pertencente ó concello de Nogueira de Ramuín, e que se coñece como a Ruta Granítica de Moura.
Xoel xa a realizara cuns amigos e comentárame que lle gustara. Eu -como me apunto a todo con tal de saír da casa e coñecer novos lugares-, non o pensei dúas veces e para alá nos encamiñamos.
É unha ruta circular de sete quilómetros e pico que iniciamos desde o miradoiro Bambán do Solpor. Ó ser circular, había, claro, dúas opcións: pola esquerda ou pola dereita. Se colliamos pola esquerda, tocaríanos ó final unha impresionante subida, mentres que, se optabamos pola dereita, teríamos unha pronunciada baixada nada máis comezar. Como din que para abaixo todos os santos axudan, optamos por esta alternativa.
Esta última é de fantasía: érguese verticalmente desde o chan ata unha altura de máis de sete metros, desafiando por completo a gravidade.
E creo que fixemos ben, pois non tardamos en darnos conta de que, se fose subida, seguro que os músculos nos ían rifar. Cada pouco faciamos pequenas paradiñas para contemplar a paisaxe. Porque esta, ante as vistas que se abrían -con boa parte do canón do río Sil e o espectáculo da visión do mosteiro de San Estevo-, era como para enxalzala, gabala e admirala.
Porén, o máis bonito, o máis impresionante, aínda estaba por chegar: os penedos, as rochas e as pedras que pouco a pouco fomos atopando cara ó final do percorrido. Formacións graníticas de gran volume que me deixaron abraiado. Principalmente, o Penedo do Rufino e a Pedra Longa. Esta última é de fantasía: érguese verticalmente desde o chan ata unha altura de máis de sete metros, desafiando por completo a gravidade.
Asombrosa a pedra. Impresionante a ruta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último