La tía Julia

Publicado: 12 sep 2026 - 02:10
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Toda vida verdadeira é encontro” (Martín Buber).

Esta frase foi elixida por Xosé Manuel Domínguez para iniciar o prólogo do libro “Conectando xeracións”. Na páxina 81 pódese ler a seguinte reflexión: “Cultura de máis que o esquecido tras aprender. Cultura nacida e nacente. A tía Xulia ben o sabe; benquerida (Texto de Iago González García)”.

O autor nunca oíra falar da tía Xulia pero, como avezado lector, coñecía a varios escritores que relatan nalgunha das súas novelas a vida das “tías” (irmás dos pais e nais) que merecen ser destacadas polo seu protagonismo silencioso en familias estruturadas arredor dun androcentrismo absoluto, nas que a muller, a pesares de ser o motor do funcionamento harmónico do fogar, esta condenada a un anonimato singular. Sobre todo nas familias dos séculos XIX e XX.

Escritores de fama, como o filósofo Miguel de Unamuno, da Xeración do 98, narra a historia de Gertrudis, a tía Tula, muller que renuncia a todo, incluíndo o matrimonio e a maternidade, co obxectivo de converterse en responsable da educación e protección dos sobriños, fillos da súa irmá finada.

Tamén Mario Vargas Llosa sucumbiu ao egocentrismo de ser autor da autobiografía que titulou “A tía Julia”, onde narra a paixón que sentiu pola súa tía política, a pesar do rexeitamento da familia e ter 14 anos menos ca ela. Ambos viviron un romance e con voda incluída..

A tía Julia desfrutaba cos avances dos fillos da súa sobriña: cálculo (ábaco, tabula de multiplicar), lectura, escritura, integración na natureza, hixiene corporal, paciencia con todos. Tía Julia foi a versión positiva da tía Tula.

Négome a pensar que o premio Planeta de 1996, Fernando Schwartz, tivese a audacia para relatar os desencontros que a sua tía África protagoniza ó longo da vida de sufrimento. E, como no caso da “tía Julia” de Vargas Llosa, un adolescente é quen se namorar obsesivamente da súa tía, 17 anos maior ca el. África e fermosa, casada, viúva e enferma e sufriu as consecuencias dun patriarcado que a escravizou toda a vida sen froito algún.

A orixe da curiosidade do autor da universal tía está nas conversas que tivo durante as xornadas que o Vello Milenario mantivo co mozo González García.

Limeres, 25 de Xullo de 1953. Unha muller de mediana idade fálalle, con voz queda, a dous rapaces de 7 e 5 anos: “Ponde a punta da lingua contra o bulto do padal, detrás dos dentes superiores, e expúlsaa con forza para facela vibrar…” Os nenos conseguiron, tras arduos esforzos, superar o rotacismo que dificultaba el uso correcto na articulación de fonemas.

A tía Julia desfrutaba cos avances dos fillos da súa sobriña: cálculo (ábaco, tabula de multiplicar), lectura, escritura, integración na natureza, hixiene corporal, paciencia con todos. Tía Julia foi a versión positiva da tía Tula.

Ourense (1947-1962). O patriarca viviu atormentado por unha enfermidade que o obrigaba a depender do cariño e protección dos seus seres queridos, sendo a súa esposa e cuñada as que asumiron con eficacia tan difícil cometido (a tía Julia asumiu o papel de nai).

Todos os sobriños/as gozaron dos seus sacrificios. Renunciou a ter familia propia, a gozar de parella, a ter ingresos económicos que lle permitiran ser autónoma e libre, ocultou libros que serían pasto do lume…

Hoxe, o Vello Milenario, fai unha profunda reflexión que recolle do prólogo de Domínguez Prieto: “… no hay vidas ordinarias: todas son extraordinarias…” Sen dúbida, a de Julia Martinez Padrón foi unha delas.

Contenido patrocinado

stats