Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
El único secreto es no sentirse/ inmensamente lleno de verdades./ No aceptar nunca las invitaciones que la neblina/ sugiere al anidar con sus disfraces/ de paisaje feliz, de grandes sueños". Son versos da poeta Ana Merino (Madrid, 1971), pertencentes ao seu libro "Los días gemelos".
Interesante reflexión a de Merino. Interesante e necesaria. Porque "sentirse/ inmensamente lleno de verdades" é algo sobre o que poderiamos meditar máis a cotío. Todas e todos. Poñer en cuestión o que se considerou "certo" durante moito tempo, esixe dun exercicio de autocrítica ao que, sinceramente, poucas persoas parecen estar dispostas. É que botar a lingua a pastar é ben máis cómodo e soe conseguir máis adeptos e adeptas, porque, ¿quen quere verse só, ou soa, fronte a unha morea de persoas que partillan outra opinión diferente da nosa? Merino, consciente da mediocridade desa aspiración de contemporizar co outro -malia ser este, en ocasións, un individuo, ou individua, maledicente- insiste niso de "No aceptar nunca las invitaciones que la neblina -préstese atención á metáfora, ben reveladora desa confusión que producen as maledicencias- sugiere al anidar con sus disfraces -eis outra imaxe moi plástica, a do disfraz, que nos ubica nun espazo certamente especular- /de paisaje feliz, de grandes sueños". Porque soñamos o que vivimos ou vivimos o que soñamos? Nin se sabe! O que si podemos ter claro é que onde hai ruído, hai malestar, confusión, desinformación, e, xa que logo, incomunicación. Se cadra por iso, Ana Merino deu comezo a este poema cuns versos esperanzadores, porque, no fondo, desexa confíar, quere confíar. Con eles fai referencia a un novo comezo por un camiño, posibelmente máis difícil, menos vistoso, pero real. "Con el consentimiento de la nieve/ caminaré despacio./ -escribiu Merino- Alguien habrá que espero junto al fuego/ y yo, que estaré ciega por el frío,/ haré breves paradas,/ sacudiré el paraguas y empezaré de nuevo". Nótese aquí a alusión a un novo camiño: o que escollemos cando buscamos a reflexión mesurada para comprender o que nos arrodea, sen nos acomodar na autocompracencia ou na burla, certamente primaria, pouco elegante e carente de interese racional.
A cousa podería resumirse, moi brevemente, así: Dígame usté en que me equivoco a mi y déjese de dimes y diretes de baja estopa. Se é que non hai nada como mirarse por dentro e coñecerse ben para morderse a lingua antes de facer valoracións sobre outras persoas. As artes do maldicir é o que teñen, non só obedecen a impulsos -todas e todos os temos, pode entenderse-, mais a resentimentos que infectan o que dicimos de irracionalidade, e, consecuentemente, sitúano na lameira, moi polo baixo do debate. Mellor deixar ese lamorqueira, como propuña Merino no seu poema, e comezar un camiño novo. Mellor e máis saudábel.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
FÚTBOL SALA FEMENINO
El Ontime vuelve a la liga listo para estrenarse fuera
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas