Opinión

Cannes: a polémica

Mentres todo se prepara en Cannes para celebrar o Festival de Cinema, que será entre o 14 e o 25 de maio, a polémica continúa. A saber: Neftlix non presentará ningún filme ao certame. Nin en competición, nin fóra dela. Polo visto a plataforma audiovisual estará ausente, por segundo ano consecutivo, a raíz de que o devandito festival francés mudara as regras para excluír as pelis da compañía. Lémbrese que no 2017 Netflix presentara dúas fitas na sección oficial -Los Meyerowitz, de Noah Baumbach, y Okja, de Bong Joon-ho-, que, finalmente, tras a protesta dos exhibidores franceses e do presidente do xurado daquel ano -Pedro Almodóvar- non entraron no palmarés do certame. Entre outras cousas, unha das razóns polas que algunhas persoas da industria do cine están na contra da plataforma é que esta estrea as súas producións online na maioría dos casos. Como premiar un traballo que non se presenta en salas? Esta era, máis ou menos, a pregunta que formulaba Almodóvar no 2017. Para o director español isto constituiría un “paradoxo”, algo absurdo que sería mellor evitar. Como? Expulsando do festival as dúas pelis que presentara a plataforma. 

Estamos ante unha especie de síndrome do avestruz? Podería ser. Isto de fechar os ollos e non querer ver, nin aceptar, as mudanzas que se producen na sociedade é unha reacción conservadora, que obedece a un temor evidente. Cal? Perder o control do negocio audiovisual. Talvez por iso o rei Midas dos blockbuster, Steven Spielberg, se sitúa na mesma liña belixerante e considera que os filmes estrenados na plataforma non merecen o recoñecemento da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas. Segundo el deberían ser tratados como produtos de televisión, e, xa que logo, aspirar a un Emmy. Canta grandilocuencia, verdade? Que mal o debeu pasar Spielberg ao ver as 10 nominacións de Roma na gala dos Oscar! A estes señores do sistema da industria audiovisual de marras habería que levalos a moitas das aldeas nas que non existe unha sala de cinema para que comprendan, dunha vez por todas, que a arte, o cine e a música non son da súa propiedade, malia participaren de xeito activo nelas. 

O coñecemento está aí fóra, listo para ser liberado da cripta na que o teñen fechado as elites culturais. Romper ese muro de formigón e rebentarlles o chiringuito paréceme do máis estimulante. Como non se deixar seducir polo aire fresco? Sobre todo sabendo que o que se respira nesas burbullas elitistas está absolutamente envelenado.

En el fondo de la polémica se halla uno de los principales debates que ocupan hoy en día la industria del cine: Netflix estrena sus filmes online y, en contadas ocasiones, en salas y presume de que ambos modelos son conjugables; Cannes, 

Refírome ao do discurso de Mariano Barroso -actual presidente da Academia de Cinema-, certamente moi intelixente. Barroso, nunha liña claramente antielitista coa que concordo, lonxe de caer na queixa fácil e vitimista ante o esplendor dos novos formatos dixitais, amosou unha actitude aberta e conciliadora. Ao seu ver as salas de proxección non deberían ver como “inimigas” a plataformas como Netflix ou Amazon e xerar con elas un diálogo. O novo Presidente da Academia é consciente de que o xeito de ver cine está a mudar. Por esta razón incidiu na idea de que é urxente afrontar esta realidade. Ademais, o éxito das novas pantallas non impediu que este ano houbese, segundo el explicou, dezasete millóns de espectadoras/es en sala. Tendo conta disto, podemos supoñer que, durante uns cantos anos, as salas de cinema poderán convivir con este tipo de plataformas de maneira harmoniosa.

Te puede interesar