San Clodio e Santa María de Oseira segundo Frutos Fernández e Miguel Anxo Fernández

ARTE ET ALIA

Publicado: 12 may 2025 - 01:11
A Virxe aleitando de Oseira, no seu altar da xirola, Guía de 1975; Obra de Frutos Fernández con escudo da fachada do antigo mosteiro; Capa da Conxura do sete de Miguel Anxo Fernández.
A Virxe aleitando de Oseira, no seu altar da xirola, Guía de 1975; Obra de Frutos Fernández con escudo da fachada do antigo mosteiro; Capa da Conxura do sete de Miguel Anxo Fernández. | LA REGIÓN

Traio desta volta a esta columna de arte e cultura coa plástica ourensá no centro dúas presenzas que emanan da sólida arte libresca galega, na que escintilan con luz propia dúas editoriais, entre outras do tecido cultural, coas que están con peso de seu as das deputacións e universidades, xa con cartos públicos e outros criterios. Frutos publica a “Historia de San Clodio” en Andavira edicións, Santiago, e Miguel Anxo “A conxura do sete” na Editorial Galaxia, Vigo, ámbolos dous saídos do prelo fai pouco tempo. Nas obras achamos as presenzas de dous sobranceiros mosteiros cistercienses, tanto dende a arte con maiúsculas como no referente ao viño, sendo vieiros centrais para o coñecemento de Galicia.

Da mesma xeración é Miguel Anxo (1955, Carballiño), diplomado en EXB e licenciado en Historia da Arte Xeografía é doutor en Comunicación Audiovisual, saberes dos que alecciona na facultade en Pontevedra, da U.Vigo.

Frutos Fernández González (1953, san Clodio / Leiro), foi catedrático nun IES do Carballiño, licenciado en Químicas pola USC, é un solvente investigador da súa terra, da que é un connaisseur de referencia. Ten publicado “Padrón de San Clodio de 1580”, “Leiro, casas e xentes” e “Toponimia do Carballiño” e tamén “Nomes do Ribeiro” 2007 edición amentada en 2023. Máis é a “Historia de San Clodio”, a súa pièce de resistence, dende a máxima de Bloch de como da ignorancia do pasado sae a incomprensión do presente. De onde as pretensións dos fracos plans de estudos que se están a impor nos últimos tempos para que as novas xeracións apenas coñezan quen somos e de onde vimos. Diversas circunstancias téñenme feito ir adiando este estudo, feito con xenerosidade centrado no seu lugar natal desenrolando en vinte dous capítulos con apéndices e bibliografía dende a paisaxe e o hábitat aos estamentos, os traballos da xente no agro, coas augas e o viño, as feiras e festas e incluso o bandoleirismo. E remata cuns capítulos dedicados á dimensión relixiosa e ao mosteiro entre 928 e 1835. Todo elo con ilustracións é mapas, en B/N. Un necesario vademecum que reflicte amor de seu polo seu berce.

Da mesma xeración é Miguel Anxo (1955, Carballiño), diplomado en EXB e licenciado en Historia da Arte Xeografía é doutor en Comunicación Audiovisual, saberes dos que alecciona na facultade en Pontevedra, da U.Vigo. Ten numerosas obras de ensaio arredor do cine, e como novelista desenrola unha serie policíaca de longo alento protagonizada por Frank Soutelo, quen ten parentela en Muros e Soutelo de Montes e vive en Los Angeles, California, E.E.UU. sendo esta que comento a oitava, achándose xa no prelo outra. Obra dedicada á súa nai, de Punxín, o autor levanta unha ficción trepidante espallada polo territorio galego, Betanzos, Mondoñedo, Lugo, e significados lugares de relixiosidade como o Corpiño e o Cebreiro. Sáelle a súa vea de cinéfilo asociada a películas, caso do Exorcista ou El reino de los cielos, no que aparecen cabaleiros do Temple, da que son herdeiras algunhas Ordes con cruces na fachada do mosteiro de Oseira. Este aparece na trama coa Virxe aleitando a Xesús nunha capela da xirola, e nela e alí achan un segredo, licencia de escritor pois a escultura leva no presbiterio dende os anos oitenta e a trama é ca. 2020. Na obra hai humor e un ronsel gastronómico de café con gotas e menús de peixe, no que non falta un Laudes de Esposende. Un brinde aos dous por facermos ollar máis ao lonxe.

Contenido patrocinado

stats