Ricardo Tena
Azul marino, celeste, eléctrico…
Este era o texto dunha pancarta nunha manifestación que se realizou en Compostela o pasado domingo 6 de abril, e que ateigou de xente a praza do Obradoiro, que non é precisamente pequena, coa asistencia de persoas de toda a nación galega, e convocada por SOS Sanidade Pública. Sen dúbida é unha acción de protesta que amosa o descontente social, máxime cando se suma a outras mobilizacións igual de masivas, como as que se realizaron nos últimos meses contra a instalación de Altri, ou a prol da defensa da lingua galega. Son unha contestación ás políticas da Xunta que poñen de manifesto o grao de descontente social existente, e que o PP debería ter en conta, xa que implican eivas que terminan afectando ao conxunto da povoación galega.
SOS Sanidade Pública convocou esta manifestación pra denunciar que: “A falta de recursos asistenciais, tanto en hospitais como en atención primaria esta a vulnerar o dereito á saúde así como a unha asistencia sanitaria pública e de calidade pra toda a cidadanía, con independencia do lugar de residencia”. Lembrar que na Galiza só se adica ao financiamento dos centros de atención primaria o 14% do orzamento do Sergas cando esta porcentaxe segundo a Organización Mundial da Saúde debería ser do 25%. Ademais, como un dato máis, que reforza a valoración da falta de recursos, a nación galega é a segunda autonomía pola cola en canto a gasto sanitario por persoa. SOS destaca que “nalgunhas localidades galegas as plataformas e a povoación están a defender a atención primaria e a reclamar melloras nos centros de saúde e PACs, e máis profesionais e recursos pra atender con calidade as necesidades da cidadanía (...) e denunciar aquelas que perderon súas áreas sanitarias e ven como se desmantelan seus hospitais comarcais...”.
O compromiso coa sanidade pública amosase apostando por ela, non mediante a xestión da empresa privada, como se está a facer en moitos casos
Argumenta SOS Sanidade Pública que: “a Xunta negase a poñer en marcha o Plan Extraordinario e Urxente, necesario pra solucionar a falta de persoal sanitario, que soporta unha situación de desmantelamento e masificación insostíbel, debido á política sanitaria suicida levada a cabo pola Xunta desde 2008. Este déficit de persoal e recursos provoca un colapso dos servizos de urxencia hospitalaria debido ao atraso nas citas pra atención primaria (...) ademais continúan os atrancos pra o aceso á asistencia sanitaria por mor da hexemonía da ineficiente consulta telefónica, polo que seguen medrando as listas de agarda que poñen en perigo aos/as pacientes”. Ao que suma, que “aumentan os Centros de Saúde sen pediatra e sen os médicos/as necesarios, así como os peches das urxencias extra-hospitalarias (PACs)”.
Cando se valoran os recursos sanitarios no país non se pode ignorar o avellentamento da povoación, os menores ingresos por persoa que noutras autonomías, así como a un gran espallamento territorial da povoación, e polo tanto un maior desprazamento dos usuarios pra acceder ao servizo. Todas estas son características da sociedade galega que condicionan o número de centros de saúde, de profesionais e os medios de transporte requiridos. Daquela a lóxica que que se esixa ao Governo galego: “activar un plan pra utilizar plenamente os recursos hospitalarios, pra rematar cos perigosas e inxustas listas de espera nas consultas hospitalarias, probas diagnosticas e intervencións cirúrxicas”. E que se solicite: “a derogación inmediata da lei 15/97 que supuxo a legalización do negocio sanitario, no que o sector privado obtén desorbitados beneficios”... .
As eivas e a privatización de áreas son evidentes, a solución depende da Xunta de Galiza, aumentando os recursos á sanidade, que sexa pública a xestión en todos os casos, e esixindo máis medios ao Governo central. O compromiso coa sanidade pública amosase apostando por ela, non mediante a xestión da empresa privada, como se está a facer en moitos casos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ricardo Tena
Azul marino, celeste, eléctrico…
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el vagabundeo
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Su nombre no era para esa lápida
CUENTA DE RESULTADOS
De Cos y Knot, favoritos para el BCE
Lo último
La Región
Un día más
EFECTO DE LA INFLACIÓN
El IPC supera la subida de sueldo del 60% de asalariados
La Región
Vivir con un pie en cada sitio
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este lunes, 2 de noviembre