Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Ás veces palabras inusuais ou en desuso póñense de moda, tanto que incluso dan nome simultáneo a negocios da nosa cidade. Unha é “serendipia”, especie de descubrimento fortuíto que se produce buscando algo diferente. O termo cuñouno Horace Walpole nunha carta que escribiu a Horace Mann o 28 de xaneiro de 1753. Dicía: “This discovery, indeed, is almost of that kind wich I call Serendipity, a very expresive word...” -”Este descubrimento é, en verdade, case do tipo que eu chamo Serendipia, palabra moi expresiva...”-, frase que tomei de “Letters of Horace Walpole Earl of Oxforf to Sir Horace Mann. Vol. II”. A continuación, Walpole nárralle a Mann o relato dos tres príncipes de Serendip, hoxe Sri Lanka, protagonistas de valiosos achados casuais perseguindo fins diferentes.
Cóntolles unha curiosa serendipia que me aconteceu durante unha prospección arqueolóxica. Despois de ler a tese de doutoramento en 1994, accedín a unha beca posdoutoral da Universidade de Santiago. Ademais de impartir docencia, pasei a ser investigador do proxecto “Megalitismo e Xeoloxía. Arqueoloxía e Ecoloxía da cultura dolménica na provincia de Lugo”, dirixido polo hoxe catedrático Antón A. Rodríguez Casal. Percorremos a provincia no estudo dos monumentos megalíticos. Nunha das xornadas que dedicamos ao municipio de Friol, exploraba o territorio con outros membros do equipo buscando un posible menhir que unha referencia situaba no monte de Lodoso. Alí nos encamiñamos e pronto unha pedra longa -iso significa “menhir” no bretón antigo- e erguida sobresaía entre a vexetación. Achegámonos a ela e a primeira impresión pareceume estraña. Se ben transcorreu moito tempo diso - penso que foi no verán de 1995- lembro que a forma semellaba outra cousa diferente. Aínda que alterada, era bastante regular e tiña unha especie de resalte volumétrico na zona superior. Esmaguei co pé a vexetación que rodeaba a parte inferior e, xa a simple vista, sobresaían da terra unhas letras volteadas: “M P XI”. As dúbidas confirmáronse. Non era un menhir, se non un “miliario“, fito itinerario que marca o número de milla nunha vía romana. Medían a distancia en millas, cada unha con mil pasos -“milia passuum”, de aí “M. P.”-, e parecía marcar a número 11, “XI” dende ou para algún lugar ou cidade importante. Estaba fincado na terra en posición invertida, o que indicaba que o emprazamento non era o orixinal.
Despois que o noso director dera conta do achado á Xunta de Galicia, trasladaron o miliario ao Museo de Lugo. Foi estudado por J.M. Caamaño, G. Meijide e C. Fernández e publicado en 1997 co título “El Miliario de Friol: aportaciones al conocimiento de la Vía XIX”. O datan entre o 218 e 222 d. C., no tempo do emperador Heliogábalo, que gobernou como Marco Aurelio Antonino Augusto, e parece confirmar o trazado da romana vía XIX por estas terras, ademais da posible localización da mansión viaria “Ponte Nartiae” nas proximidades. Interpretan a deteriorada inscrición do modo seguinte: “Ao emperador Marco Aurelio Antonio, pío feliz augusto, pontífice máximo con postestade tribunicia, pai da patria, procónsul fortísimo e felicísimo príncipe indulxentísimo. A Lugo, 11? millas”.
Con esta serendipia a arqueoloxía perdeu un menhir, pero gañou un miliario moi importante para o estudo da vía XIX. Unha réplica con forma moito máis regular que o orixinal, hoxe adorna un parque de Friol, na capital do municipio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva