Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
No ano 1869 subleváronse uns 300 republicanos en Ourense, apresan ás autoridades locais e proclaman a República Federal o 2 de outubro. Sobre este tema o historiador Barreiro Fernández en Historia de Galicia (Gamma, tomo XV), dinos o seguinte: “No concello instálase algo así como un governo revolucionario. O movemento está apoiado polos Voluntarios da Liberdade. Como a maior parte do exército mantívose fiel ao Governo fracasou o levantamento, fuxindo boa parte dos rebeldes a Portugal”. Outros moitos serían detidos.
Foron acusados como instigadores: Francisco Casanova Estévez (comerciante), Alejandro Quezeizaeta (empregado); Toribio Iscar Sáez (mestre de obras), e José Gómez Munaiz (avogado). Quezeizaeta era un dos lideres destacados do federalismo galego. A insurrección en Ourense coincide cos tumultos en A Coruña (13 e 14 de outubro). Neste caso a revolta iniciouse en Elviña, onde a Garda Civil detivo a 42 persoas, polo que se amotinou o povo pedindo a súa liberdade. O xeneral Pieltain declarou o Estado de Guerra na cidade. A gran maioría dos rebeldes en 1869 eran obreiros e artesáns: zapateiros, xastres, ferreiros, carpinteiros,... Tamén algún estudante e profesional liberal.
No rural tamén se deron durante o “sexenio democrático” ducias de protestas contra os impostos e as “quintas” a África, con enfrontamentos coas forzas de seguridade, tanto da Garda Civil como do exército
O precedente destas revoltas foi Cádiz, coa escuadra pondo fin ao reinado de Isabel II o 18 de setembro de 1868. Axiña sumouse A Coruña e Ferrol, ao día seguinte faríano Ourense, Vigo, Pontevedra, Tui e Compostela, e Lugo o 1 de outubro. O momento estaba caracterizado polo enfrontamento entre os sectores que por norma apoiaban ao réxime, pola enorme conflitividade social existente por mor da guerra de África, a grave situación económica e as reivindicacións democráticas. Abriuse un período de transición (set-1868 a xan-1871), no que desde o Governo (presidido por Sérrano) procurábase un novo monarca por todas as Cortes Europeas, que se plasmaria co reinado de Amadeo de Saboya (xan-1871 a feb-1873), cuxo fracaso abriu paso á Primeira República (feb-1873 a dec-1874). Un período que se chamou: o “sexenio democrático”.
Estas protestas a prol da República Federal coincidiron no tempo con mobilizacións obreiras e motíns campesiños, que se espallaron por toda a xeografía galega durante o “sexenio democrático” (1868-1875). Algúns serían conflitos de moita transcendencia, como foi a insurrección duns dous mil mariñeiros e operarios do Arsenal de Ferrol en 1872, que fracasou, saldándose con 17 condenas a morte, centos de detidos, e o peche temporal da factoría. Este suceso abriría unha fenda entre republicanos federais galegos e os seus homólogos a nivel do Estado español, alentando o nacemento do Partido Republicano Federal de Galiza.
No rural tamén se deron durante o “sexenio democrático” ducias de protestas contra os impostos e as “quintas” a África, con enfrontamentos coas forzas de seguridade, tanto da Garda Civil como do exército. Algúns foron motíns dramáticos como o de Maceda, o 23 de marzo, cando 1.500 labregos que se negaban a pagar o imposto de capitación cercan a vila enfrontándose a 50 gardas civís e 150 soldados. O levantamento durou tres días, resultando tres campesiños e un garda civil mortos.
Por descoñecemento da nosa historia nacional existe a sensación de que a Galiza interior foi secularmente unha sociedade esencialmente conservadora. Unha visión que non responde á realidade, xa que houbo na nosa historia moitas revoltas sociais, así como organizacións civís que que abrangueron a todo o país e alentaron ideais de liberdade e xustiza. A insurrección de 1869 en Ourense é un exemplo. En moitas oportunidades a revolta popular estivo por diante da resposta organizada non se pode obviar, mais é unha característica propia de sociedades oprimidas durante períodos moi longos e carentes das mínimas liberdades democráticas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago