Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
O AFIADOR
Botamos anos laiándonos de que a alta velocidade ferroviaria non daba chegado a Galicia, con toda a razón do mundo, ata que tres décadas despois da sua inauguración, empezaron a circular os trens entre Galicia e Madrid. Foi un fito e celebrouse como tal, aínda que tomando a parte polo todo, pois en realidade, os AVE chegaron a Ourense, pero o resto de Galicia seguiu, e sigue, agardando a que circulen por todo o territorio galego como o fai ata a capital ourensá. Con todo, foi un avance, avalado polo incremento exponencial de pasaxeiros que deixaron en evidencia as ridículas previsións dos técnicos e asesores expertos de Fomento para que a ministra Pastor e o presidente Rajoy quedaran coa conciencia tranquila metendo a tesoira no trazado, no orzamento e nos prazos de posta en marcha (os sucesores siguen ó pe da letra o mesmo criterio), que aínda pagamos e pagaremos ata a eternidade.
Hai días anunciou uns axustes para dar resposta á demanda cunha especie de Eldorado rodante, incorporando máis trens ave, avlos, prazas e frecuencias. Escamados históricamente, cando algo soa á perfección é inevitable porse en modo desconfiado, porque non é de crer que así, polas boas, se superen as expectativas cidadans.
O éxito no número de usuarios foi facéndose clamor sobre a necesidade de incrementar prazas e frecuencias, que a sociedade galega e tamén do resto das cidades e provincias ubicadas e afectadas polo percorrido agardaban como auga de maio. Pois velaí que Renfe foi sensible á realidade e decidiu mover ficha. Hai días anunciou uns axustes para dar resposta á demanda cunha especie de Eldorado rodante, incorporando máis trens ave, avlos, prazas e frecuencias. Escamados históricamente, cando algo soa á perfección é inevitable porse en modo desconfiado, porque non é de crer que así, polas boas, se superen as expectativas cidadans. A verdade non estaba no que se ofrecía na comunicación oficial, senon no que se calaba: dende o 9 de xuño A Gudiña e Sanabria, pagarán os pratos rotos provocados polo incremento da celeridade nos desprazamentos ata destino, de xeito que algúns convois pasarán de largo, sen posibilidade que os potenciais viaxeiros destes dous enclaves poidan beneficiarse das vantaxes que ofrece chegar cedo a Madrid e poder regresar a última hora, cercenando así as vantaxes de aproximar os destinos.
No caso de Ourense o problema non é so de A Gudiña, senon de boa parte do terzo oriental da provincia dende Verín a Trives, como tampouco é exclusivo de Sanabria, senon que afecta a poboación residente no extremo noroccidental da provincia de Zamora, dende o límite con Ourense ata Mombuey, máis ou menos. Con esto, os discursos das máis altas instancias de poder sobre a necesidade dotar á España vaciada de instrumentos reequilibradores para evitar a morte certa a medio prazo, como sempre, son pura filfa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva