Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Tres astronautas; un ruso, outro holandés e o terceiro galego (por fin non hai ningún ianqui!), aseguran que hai vida intelixente e civilizacións extraterrestres. E dígoo con coñecemento de causa. Porque o astronauta galego son eu. Non foi difícil marchar por aí arriba. Fixéronnos un cursiño de nada que, iso si, era en inglés; aínda que nos deu igual, para o que había que saber... Todo consistía en paneis con luces verdes e vermellas. Sinxelo: coma un semáforo. Como non había ianquis non puidemos despegar de Cabo Cañaveral; pero fixémolo desde o Río Vello, en Baños de Molgas, máis en concreto desde o meu lameiro (aínda que agora tocoulle ó irmán, pero como andei nel media vida coas vacas...).
Antes houbo que cubrir, resgardar no lugar de Barricobos o escudo do Real Madrid que a un paspán se lle deu por esculpir alá polo 1976, para que non se escarallase a gran obra co que expulsase o foguete. O despegue foi rápido e sinxelo: o ruso deu a orde, o holandés premeu o botón verde e o galego, ou sexa, eu berrei un “ei, carballeira!” e para o espazo sideral marchamos. Cando pasamos sobre os Estados Unidos de América lanceille un “hai que roelo!” e a piques de contactar con Marte díxenlle ós colegas que “malo será” que non atopemos vida máis alá das estrelas. E atopámola; pero moito máis alá. Os alieníxenas eran tan intelixentes que merecen un Pingas á parte.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último