Unha vida chea de bendicións

“Eu vin para que teñades vida e para que a teñades de abondo” (Xesús, en Xoán 10:10)

Publicado: 13 sep 2024 - 00:45

O estado natural do ser humano é o de alegría e entusiasmo. Todo o que Deus creou dános pracer e ensinanos a gozar. Calquera situación, circunstancia, cousa, foi deseñada para o noso ben. As relacións, a comida, as forzas, a natureza, a beleza, as artes, os soños, a imaxinación e un longuísimo etcétera naceron no corazón de Deus para que vivamos dunha maneira radicalmente diferente.

Xesús ensínanos a vivir unha vida abundante: diso se trata o feito de coñecelo a El. A Deus encántalle derramar as súas bendicións para todos, porque a vida que El ofrece non ten límites. Se confiamos nel, poremos vivir así, a pesares de todas as circunstancias difíciles que existen neste mundo.

Contenido patrocinado

stats