Opinión

Lágrimas negras na torre

Pola torre de Vilanova dos Infantes escorregan lágrimas de loito…, transformación do ‘Premio Xan de Barros’, da Romaría Etnográfica Raigame, que dende fai un lustro entrega a Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación Provincial, quen a organiza co Concello de Celanova. Coa pretensión de converterse nun símbolo lutuoso do homicidio de Adolfo Enríquez, o párroco de San Salvador que apareceu morto con sinais de violencia na reitoral, e no contexto do roubo/desaparición da ’Virxe do Cristal’. Nesta triste conxuntura a antiga vila está de loito dende fai tres meses. Á dor pola perda dun conveciño especial, o seu vello abade dende fai más de corenta anos, non é só para a súa familia, senón para toda a comunidade parroquial. O dó, o loito, ten para nós unha connotación fonda que, con variantes, coincide en refugar toda celebración, e se encora no íntimo ata esvaerse nun tempo prudencial que se concreta no tempo dun ano...

A elo se une a perda da singular imaxe de culto realizada no século XVII e cuxa devoción dirixida fixo que se conseguise facen unha gran ermida-santuario no século seguinte, fora do outeiro da vila, cara o val, onde se atopou, segundo o divulgado relato oral de orixe culta, no fondo. Este foi posto en elaborada lingua galega con aura popular polo gran poeta Manuel Curros natural desta terra, poema co que gañou os Xogos Florais de Ourense en 1877. A venerada imaxe, nos seus versos, ‘Era unha pedriña pedra,/ como un ovo de galiña/ tallado en fino cristal:/ unha pedra primorosa, /elíptica, limpa, pura,/ de artificio e soldadura/ sin xiquera unha sinal’‘., Leandro Sánchez, artista mallorquino asentado en Ourense, a quen se lle encargou fai un lustro a elaboración do premio que co nome do abade de Vilanova do relato de Curros, Xan de Barros, se entrega: o dos perfís da torre da antiga fortaleza medieval, símbolo en realidade do poder señorial... Nos pasados anos déuselle ao profesor Mandianes, e ao antropólogo do campus de Ourense, Dr. Xosé Antón Fidalgo Santamariña.

ROMARÍA ETNOGRÁFICA

A Romaría ideada pola Escola Provincial de Danza en 2002 fíxose coincidir daquela coa celebración festiva do Día das Letras Galegas, máis sen contextualizar con ela. Bailes e danzas, música e oficios tradicionais da terra, obradoiros por unhas horas que transformaban a vila nun parque temático etnográfico, con xentes con vestimentas tradicionais festivas. Así foi a idea e primeiros pasos, ata chegar aos ‘chapeus standard’ alleos, destes anos. Unha festa sui xéneris dos saberes antigos e tradicionais. O atinado cambio do nome do premio de ‘Xan de Barros’ da ficción no máis real de Adolfo Enríquez debe marcar tamén un antes e un despois artisticamente falando por un busto ou composición artística alusiva do gran Abade, de bonhomía recoñecida, amante da terra, das tradicións e da arte. As corais e bandas de música, ou bailes na honra da Virxe, e do bo abade, mellor contra o 15 de setembro.

Te puede interesar