Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Os bos resultados dos candidatos de Podemos Galicia nas primarias do partido En Marea nas circunscricións coruñesa e pontevedresa non poden agachar o curtopracismo e esterilidade da reacción podemita, motivada pola incomodidade xerada en amplos sectores de Podemos Galicia pola renuncia de Pablo Iglesias á coalición (aceptando diluirse na Marea) e coordinada por un Echenique que demostra día a día a súa incapacidade para tender pontes e suturar feridas.
Podemos Galicia incorporouse cun censo amplo, dos que votaron case 4.000 dos 10.143 votantes totais. Este voto dividiuse en só dúas candidaturas, a oficialista de Carmen Santos e a crítica. Na Coruña concorrían outras catro, en Pontevedra outras sete, mentres que en Lugo e Ourense só cadansúas tres. O sistema de primarias escollido é moi proporcional, mais agasalla aos votados nos primeiros lugares (o voto ao nº 1 val un, ao nº 2 medio, ao número 3 un terzo e así cara atrás). Velaí como con non moitos sufraxios os candidatos podemitas aproveitaron esta pluralidade no seu propio beneficio, xa que os seus adherentes votaron en bloque a algunha das súas dúas candidaturas. A concentración das opcións galeguistas e municipalistas en Lugo e Ourense, porén, non lles deixou opción nestas dúas circunscricións.
Agora ben, a reacción podemita é de pouco percorrido. Os galeguistas e municipalistas teñen o candidato á Presidencia da Xunta, manteñen o control da Coordinadora (equivalente á Executiva) do partido, a maioría dos adheridos e han redactar o programa. O proxecto galego de En Marea, certamente diferente ao de Podemos, será o que sobrancee de hoxe en diante. Asemade, Podemos Galicia-que pode achegar até un terzo dos futuros deputados-, está de feito escindido en dúas sensibilidades que moi difícilmente poderán construir xuntas.
O que non quita para que, no suposto dun resultado que non permita darlle o relevo a Núñez Feijóo, non vaian abrollar intensamente estas diferenzas, que nacen da existencia de dous proxectos diferentes. E tampouco quita para, xa postos, ir matinando no futuro algunha caste de pequenas correccións técnicas a un sistema de primarias que semella privilexiar de máis aos que participan agresivamente en clave competitiva, mesmo en prexuizo da pluralidade real.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas