A xustiza tardía vale pra pouco

DENDE SEIXO-ALBO

Publicado: 14 ene 2026 - 02:10
Opinión en La Región

Despois de trece anos falou a xustiza no chamado caso Pokemon. Todo un logro de eficiencia que non resarce nada de nada. O barullo que montou a xuíza De Lara deixa no seu haber moitos mortos políticos e moitos danos colaterais que agora pagámolos todos os ourensás. Aquelas detencións e os titulares que delas se derivaron déronlle alas a quen, berraba nos plenos, e hoxe manda no concello. Daquelas dicía que todo estaba podre e que no Concello soamente había unha cova de inútiles e ladróns. Logo chegaron Imputacións baseadas e imaxinacións, pisos no Brasil e unha lista de acusacións que desfixeron, xunto coa pouca calma dos concelleiros de todas as formacións, unha corporación. E despois veu o que veu. Mellor o que agora temos e soportamos sen ter viso de cando rematará.

Ourense unha cidade do interior galaico vive tempos escuros que comezaron cando as detencións ó estilo americano e as imputacións lle deron alas ós conservadores que vían como desa maneira podían chegar ó poder. Pois os titulares eran demoledores. A frase que corría pola rúa en boca de todos era que, sen xuízo nin sentenza, xa estabas condenado. “Algo farían se non non acontecía isto”, dicían. Logo foron pasando os anos e todo quedou en borralla, pero o run run fixo moito dano. Pois a borralla sempre mancha. E despois de todo iso que é o que temos: pois temos un Concello que ten un alcalde que non ten creto diante as institucións, que non é capaz de ser un xestor eficaz e, sobor de todo, que todo dentro desa casa de todos está nun declive absoluto. Si, un Concello marcado polas débedas e moitas máis cousas negativas que iran saído á luz pública.

Si, compre restituír nesta institución de todos o prestixio que perdeu dende hai xa moitos anos. A cidade das Burgas que se ensina na publicidade xa non é a real. Pois na cidade das augas fervendo nin a piscina

A cidade da cultura, a cidade onde todo funcionaba con normalidade, agora converteuse nunha urbe onde nin hai proxecto, nin se espera. Unha cidade sen aspiracións que dentro do panorama galego non conta nin pesa, pero que tampouco ten pretensións nin obxectivos, pois cando se camiña sen dirección non se vai a ningures. Nesta Auria hoxe o importante está aparcado sine die, esperando que pase o andazo e veña alguén con sentidiño e se poña a volver a facer e a recuperar creto instirucional. Si, compre restituír nesta institución de todos o prestixio que perdeu dende hai xa moitos anos. A cidade das Burgas que se ensina na publicidade xa non é a real. Pois na cidade das augas fervendo nin a piscina do centro funciona. Máis nos vídeos que circulan ensinan piscinas e pozas funcionando a toda maquina. Todo unha trola. Todo un conto como a verborrea barata que se escoita nos plenos por parte dun alcalde impetuoso e locuaz que é dono do uso do micro.

A pregunta que moitos ourensás nos facemos é a seguinte: Ata cando seguiremos neste declive institucional que nos afecta a todos? Ata cando haberá alguén serio que endereite o futuro dun concello que é ignorado incluso polos gobernantes de Compostela.

A xustiza, coa súa tardanza e a xuíza coa súa fantasía viu rolex e pisos imaxinarios e, ó estilo dos gringos, levou a un alcalde a unha comisaría como se fose un delincuente perigoso. Imputou a concelleiros, e agora despois de moitos anos todo quedou en nada de nada. O arquivo da causa contra os imputados pasará á historia desta cidade como unha mancha que dificilmente se poderá borrar. Polo que cando a xustiza tarda tanto tempo en dar un veredicto, esa xustiza non vale pra nada. Vive a destempo do acontecer político e social, pois aínda que non o pareza a xente xa emitiu sentenza polo mero feito de ser imputado. En fin, de pena. Mais que quede moi claro, ademais do dano persoal que se lle fixo ós imputados, os que saímos perdendo á larga somos todos os ourensás.

Contenido patrocinado

stats