CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
SATÍRICA
As coplas da Festa dos Maios tiveron un actor principal e un secundario claros. O gran protagonista foi Jácome, a quen lembraron as obras sen rematar e a súa imputación por prevaricación.
“Ourense si mola, rúas sen saídas coas obras paradas, haivos avenidas; haivos avenidas e a de Portugal con pedras e lama, todo está moi mal; todo está moi mal, Jácome imputado enchendo os seus petos, síntome estafado; síntome estafado polo noso alcalde, non declara ingresos, sáelle de balde”, dicía onte a copla “Ourense en obras”.
“As nosas demandas: queremos cultura, non tanta gramola deso hai fartura; deso hai fartura como do cemento, que cobre o Posío, vaia esperpento”, cantaron alumnos do CEIP As Mercedes.
O actor secundario foi Trump. “O ‘xeo’ en Estados Unidos ten o mundo frío, a ‘terra do libre’ e a xente sen poder dicir nin pío...”.
Como cada ano, La Región entregouse cos Maios, ofrecendo unha cobertura especial. Desde a web retransmitiuse en directo esta celebración cun amplo dispositivo que contou con entrevistas en directo aos protagonistas e cantos de coplas.
Ademais, o xornal organizou o seu propio concurso no que valora tanto os maios como as coplas, outorgando aos gañadores cuantiosos premios. De feito, o premio especial de La Región ao mellor maio suporá mil euros en metálico para o gañador. Os encargados de valorar aos participantes foron José María Eguileta, Natalia González, Ana Méndez e Lalo Pavón, que cualificaron do 1 ao 5 distintos aspectos como a tradición, a creatividade ou a calidade. Os resultados publicaranse mañá martes en La Región.
Mentres tanto, onte coñecéronse os resultados do concurso organizado polo Concello. O maior premio conseguiuno Óscar López González, con “O anxo caído”; tras el na categoría de maio artístico situouse a asociación cultural Os Lolailos coa súa recreación da Ponte Romana e en terceiro lugar o Club Hóckey Albor.
En canto ao mellor maio enxebre, o premio foi para a asociación cultural Amigos da Pita, seguido pola asociación recreativa e cultural Andén Primeiro e a asociación cultural A Galleira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
LUCHA CONTRA EL CÁNCER
David Aramburu, del Campus de Ourense a la vanguardia oncológica de Nueva York
DÍA DE TODOS LOS SANTOS
Galería | Los ourensanos acuden a los cementerios para visitar a sus seres queridos
Lo último