HASTA 200 EUROS DE SANCIÓN
Lista | Cómo saber si mi baliza V16 está homologada y evitar ser multado
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Entre o balbordo informativo de titulares a cinco columnas que enchen horas de radio e de televisión e páxinas de tabloides dixitais, a miúdo aparecen informacións de menor calado que son dignas de igual atención. Tal ten sido o caso dun falso médico que exerceu nove días no “Cunqueiro” de Vigo e acaba de ser condenado a oito pírricos meses por falsidade documental e usurpación de funcións. É dicir, máis ou menos coma estes dous ourensáns. Un aquí e outro acolá, pero con diferentes consideracións hipocráticas.
Vaiamos polo primeiro. A vida de Cesáreo Salinas puido transcorrer por un prestixioso e tranquilo, sereo e recoñecido corredor profesional, tal como normalmente estaba trazado a finais do século XIX para un médico en calquera lugar onde asentase a súa consulta. Sen embargo, unha posiblemente innata paixón pola aventura e unha conciencia republicana sen límites fíxolle tomar ben cedo a peor decisión que acordou na vida.
Coincidindo co remate do quinto curso de Medicina na Universidade de Santiago, no momento no que ten lugar en Madrid o derradeiro pronunciamento militar contra a monarquía nesa etapa finisecular da historia de España, co betanceiro brigadier Manuel Villacampa como executor militar e o republicano Ruíz Zorrilla como executor intelectual, ó inquedo estudante ourensán non se lle ocorre outra cousa ca sumarse á revolta, que foi abafada nun abrir e pechar de ollos, o que obrigou ó doutor “in pectore” a refuxiarse en Lisboa, onde comeza a súa aventura real.
Nese contexto, Salinas ofreceuse a colaborar -dando conta, iso si, de que non rematara a carreira-, polo que inicialmente non llo permitiron, pero como a urxencia era tal que non podían desprezar ningunha axuda, finalmente puxérono ó cargo dunha sección do hospital da Santa Casa de Misericordia da cidade.
Fíxoo cun cabo que disque tiña un primo moi ben posicionado en Belem do Pará, co que contactou e logrou organizarlles a viaxe ós dous para aquela emerxente zona da costa norte brasileira.
Debo facer un alto para indicar que este relato recollo dunhas crónicas publicadas no verán de 1935 en “El Correo Gallego” por Manuel Rodríguez Lira, un vigués establecido en Manaos, que exerceu alá de fotógrafo e que tivo a oportunidade de coñecelo e mesmo ser tratado por el do “vómito negro”, con excelente resultado final.
Cesáreo chega a Belem a finais de 1886, un tempo no que esa zona xeográfica estaba atacada por unha epidemia de varíola e febres mortais, que estaban dando cabo da poboación a mancheas.
“Los muertos -escribe Lira- se contaban por cientos y raro era que, quien se infectara, se salvase”.
Nese contexto, Salinas ofreceuse a colaborar -dando conta, iso si, de que non rematara a carreira-, polo que inicialmente non llo permitiron, pero como a urxencia era tal que non podían desprezar ningunha axuda, finalmente puxérono ó cargo dunha sección do hospital da Santa Casa de Misericordia da cidade.
Pasaron as semanas e os enfermos por el atendidos comezaron a experimentaren mellorías e a saíren curados “na mesma proporción que doutras salas saian mortos”.
Como consecuencia, a súa fama empezou a traspasar as portas do hospital e non só abriu un consultorio, senón que chegou a publicar un libro titulado “Enfermidades endémicas da rexión amazónica”.
A reacción médica non se fixo esperar. Acusárono de curandeiro de menciñeiro e de bruxo, e promoveron a súa expulsión de Belem, que o levou río enriba, a Manaos.
No medio, Salinas quixo matricularse na facultade de Medicina para conseguir o título, pero non lles permitían o acceso á universidade a non nacidos ou non naturalizados no país e el non quixo renunciar á nacionalidade española.
Malia á distancia, a súa fama xa chegara denantes ca el a Manaos e alí procedeu do mesmo xeito, renunciando ó cobro polas consultas, o que multiplicou a fama e as envexas, que operaron igual ca en Belem, pero neste caso deténdoo e -dado que renunciou a volver a España- foi trasladado ás illas Barbados e despois a Cuba, onde morreu loitando contra os “mambises” do revolucionario Maceo.
Rodríguez Lira remata o seu relato, dicindo que: “los espiritistas -locos o no- aseguran que Salinas aún continúa curando en Manaos por intermediación de ellos”.
Como sempre ten que se dar o “yin” e o “yang”, se trouxemos a colación ó emigrante honesto, sempre foi sincero, que non puido lograr máis porque non llo permitiron, vexamos agora o caso oposto, é dicir, o do emigrante “espabilado” que acabou composto e descabezado por pensar que os seus veciños eran parvos.
Estamos en febreiro de 1920 e tal foi o caso dun mozo de Manzaneda, quen, pobre e analfabeto, despois de dedicarse ó vicio de facerse amigo do alleo, decidiu probar fortuna no estranxeiro a ver se alén da aldea conseguía o que nela non lle daba estado á man.
Un día, José Luís Blanco Vicente -ou Quintín, como era coñecido na vila- desapareceu da bisbarra e ninguén volveu saber del ata que “hace un año aquel joven analfabeto e inclulto regresó de América” -relataba este mesmo xornal nunha crónica publicada o 11 de febreiro de 1920-, presentándose en Manzaneda para montar un “consultorio médico-quirúrgico y haciéndose llamar Doctor América”, e que de contado comezou a consultar e a visitar nos domicilios a doentes de toda condición, subministrándolles unhas “píldoras” que el dicía importadas de Norteamérica e que seica tiñan “la virtud de curarlo todo como progreso terapéutico sólo alcanzado en Estados Unidos”.
Evidentemente, tanto a praxe coma o resto de actuacións do “matasáns” comezaron a levantar sospeitas que acadaron un punto insostible cando asistiu a un neno que acabou morrendo.
Os doutores da contorna informaron ó Colexio Médico do que estaba pasando en Manzaneda, o que provocou que Quintín tentase colexiarse. Pero cando lle foi reclamada a acreditación, só foi quen de presentar un insólito “título-autorización” expedido polo Ministerio de Instrucción “facultando al doctor en Medicina por la Universidad de Filadelfia para ejercer la Medicina”.
Entón os responsables do Colexio presidido por Feijóo Montenegro, pediron axuda do consulado e descubriron que en Filadelfia rexistrárase no directorio da Asociación Médica Americana como “graduado de la Universidad española de Valladolid”.
Como era de agardar, o tal Quintín acabou detido en Viana do Bolo por un competente oficial da Garda Civil cando se predispuña a fuxir para Portugal delatado pola amante que tamén quixo deixar atrás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HASTA 200 EUROS DE SANCIÓN
Lista | Cómo saber si mi baliza V16 está homologada y evitar ser multado
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 20 de diciembre
Lo último
"MIEDO, ANGUSTIA Y DOLOR"
Entre la ilusión de los niños ourensanos y el estrés de los renos en trineo
PRIMERA DERROTA EN EL PAZO
El COB paga carísimo un mal primer cuarto ante un Gipuzkoa muy acertado (77-89)