ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
ÉXITO DE AUDIENCIA
A Televisión de Galicia confírmase como a canle máis vista na comunidade na primeira onda do Estudo Xeral de Medios (EXM) de 2026, publicada onte. Desta forma, acada un 20,1% de cota de luns a domingo, superando en 8,4 puntos ó seguinte competidor, Antena 3 (11,7%) e La 1 (11,3%).
A Televisión de Galicia non só mantén o liderado, senón que medra, apoiándose nos novos formatos da súa grella e na fortaleza das súas franxas informativas. Creceu un 15,5% con respecto á última onda do EXM de decembro do 25. Xunto con Tele5 é a única canle que medra en Galicia. Entre as xeralistas, a que máis perde é La1, que cae nesta onda un 16,9%, situándose no 11,3%.
Asemade, a TVG foi de forma sostida a canle máis vista en Galicia nos últimos anos para o EXM. Estes datos, perfectamente aliñados coa evolución récord da presenza dixital da Corporación, non se reflicten do mesmo xeito no modelo de medición técnica que fai Kantar Media (agora Fifty5Blue), que foi penalizada entre 2024 e 2025 en 20 dos 24 meses, debido a incumprimentos nos parámetros básicos de medición, relativos á mingua mostral e á eficiencia do panel. Foi a primeira vez na historia que a Corporación debeu aplicar esta clase de sancións ao medidor.
Por outra parte, Radio Galega é a emisora pública máis escoitada en Galicia, con 93.000 oíntes de luns a venres e 89.000 no conxunto da semana, mentres que Radio Galega Música acadou 32.000 oíntes de luns a venres e 38.000 de luns a domingo.
O conxunto das emisoras de radio da Corporación acada nesta primeira onda do EXM 127.000 oíntes no conxunto da semana e 125.000 de luns a venres.
Estes datos da primeira onda do EXM confirman a tendencia que avalan as cifras das canles dixitais da Corporación neste primeiro trimestre de 2026.
As redes sociais da Galega creceron preto dun 200% (191%) no primeiro trimestre de 2026 respecto ao mesmo período do ano anterior, avance que se traduce nun incremento sostido da comunidade dixital, con 2,6 millóns de seguidores (+31%).
Só as contas dos contidos da Televisión de Galicia (Facebook, Instagram, YouTube e TikTok) acadaron 226 millóns de impresións, un 197% máis que no primeiro trimestre de 2025, con 182 millóns de reproducións (+228,4%) e 6,12 millóns de interaccións (+227%).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
TELÉFONOS MÓVILES Y CUENTAS BANCARIAS
“NFC inverso”, la estafa técnica que se extiende por los países de Europa
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Emilio Muñiz, crónicas dende Tetuán
FENÓMENOS METEOROLÓGICOS
Los incendios pueden generar sus propios eventos climáticos
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 4 de agosto
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%