12 oct 2026

Manuel M. Risco, o discípulo do Nobel

A recente concesión do Nobel de Física ó científico belga, Francis Halzen, que contou coa colaboración do galego Enrique Zas, fíxome acordar que entre e pléiade de científicos ourensáns -en moitos casos ignorados- ocupa un lugar preferente Manuel Martínez-Risco Macías, xurdido dunha prestixiosa e prolífica familia de intelectuais e que, de saborear o mel do éxito científico, pasou a cruzar o acedo túnel do infortunio por mor dunha guerra que o condenou a un penoso exilio e a un inxusto anonimato actual.