Cartas al director

Ós mártires de Anguieiro

En agosto de 1936, once persoas foron asasinadas sen piedade. Sen xuízo nin ningunha acusación foron violentamente arrancadas de súas casas e en pouco tempo baleadas nunha cuneta de Anguieiro. Algúns corpos alí apareceron, outros non se supón onde poden estar.

Non se trata agora de encontrar e castigar quen apertou o gatilho ou quen deu orde, mais si de recuperar a honra de todos os que como estas once persoas, nunca a deberían perder. Os once que agora recordamos e honramos, non cometeron outro ¿pecado? que o de traballar arduamente para se manteren e sustentaren as súas familias. Non. Non eran eles os ¿pecadores?. Os ¿pecadores? foron aqueles que a calquera prezo pretenderon manter os seus inxustos privilexios.

A aquela clase social que levou España a unha situación tan insustentável e que creou a tal escola de seguidores ideolóxicos o que os incomoda é que teñamos memoria, e quero dicirlles ben alto: non é bo esquecer. A Historia apréndese mais non se esquece nin se falseia. Xa se falseou durante demasiados anos. O que queremos é a verdade. Non queremos vinganza nin desquite, só a verdade.

A verdade é a recuperación da honra de quen a merece, como estes once mártires do Anguieiro.

-Daniel Gonzalez Graña. Tiña 24 anos. Era veciño de Cangas. Mariñeiro de profesión. Membro da Confederación Nacional do Traballo.

-Antonio Blanco Rodal. Tiña 26 anos. Veciño da Rúa Singulis de Cangas. Mariñeiro de profesión.

-Guillermo Fernandez Fernandez. Tiña 27 anos. Veciño de Seixo (Darbo). Albanel de profesión. Membro do Partido Socialista.

-Alejandro Martínez Pazó. Tiña 19 anos. Veciño de Darbo. Cantoneiro de profesión. Membro do Partido Socialista.

-José Martínez Pazó. Tiña 26 anos. Veciño de Darbo. Membro do Partido Socialista.

-Antonio Ferreiro Núñez. Tiña 32 anos. Veciño de Darbo. Cantoneiro de profesión.

-Normandino Núñez Martínez. Tiña 46 anos. Veciño da Rúa do -Normandino Nuñez Martinez. Tiña 46 anos. Veciño da Rúa do Sol (Cangas). Mariñeiro de profesión. Membro da Confederación Nacional do Traballo.

-Secundino Ruibal Villar. Tiña 38 anos. Veciño de Darbo. Cantoneiro.

-Estanislao Ferreiro Núñez. Tiña 24 anos. Veciño de Darbo. Cantoneiro.

-Eugenio Bastos Fernández. Tiña 18 anos. Veciño da Rúa do Castro ( Cangas). Mecánico nos estaleiros Barreras. Membro das Xuventudes Unificadas.

-José Nores Rodríguez. Tiña 16 anos. Veciño da Rúa Liberdade (Cangas). Albanel de profesión.

Que cada un dos once saiba que non os esquecemos, que a súa morte non foi en balde, que ela nos obrigará a actuar para que nunca se poidan repetir tan atroces infamias.