La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La sinrazón manda
Carlos, bó profesor, e máis que nada, estupenda persoa. Amante de Viana, das súas xentes, das súas paisaxes, soñador, escritor variado, prosa, poemas, teatro. Carlos, ollando e contemplando as terras vianesas desde a torre da homenaxe. Carlos, mirando pra os encoros. Carlos, sempre cos teus rapaces , noble, verídico, pero a envexa é capaz de culpar de feitos, calquera cousa lles sirve ós malos políticos. Son capaces de todo (ata de cambiar o 'posto' ganado a pulso e con coñecementos por a 'recomendación' de un guardia civil. Caras, deshonestos e ineptos, todos istes xa terán o seu merecido). Pero a verdade reloce, e Carlos foise de aquí para institutos máis importantes, pero sempre quedou nesta bisbarra o seu espíritu, as súas ensinanzas, a súa imaxe imborrable. Cada día tes a homenaxe merecida dos que temos memoria. E porque o mereciches, aquí temos un I.E.S. 'Carlos Casares'.
Coa mirada clara, perdida na lontananza, nosa lembranza agradecida para tí, e tamén ¿cómo non? a doña Delia, directora daquel Santo Tomás ¡inmellorable! qué clases de Matemáticas; para o seu home, tamén gran profesor, estupendo músico. ¡qué coro! o de aquel Colibad. premios nacionais. inda temos presente a actuación en Ávila, xuntanza de corales de toda España, quedando campeóns. Por moitas cidades cantando misas e cánticos populares por os pobiños do Concello.
E recordo para Manu, compañeiro noso e que feneceu en Canarias, sendo doctor en Mediciña. Don Manuel Ramos Castromil -profesor, escritor, músico-; Manu, seu fillo, e Carlos, descansade no Paraíso. Para dona Delia Pintos Viéitez e Delita Ramos Pintos, bós recordos e afecto.
Carlos Casares Mouriño, nosa homenaxe cada día con agarimo. Non nos esquecemos os IES esquecidos. Entre elas, ademáis dun encoro, unha praza, unha torre e unha paisaxe, queda tamén a imaxe viva das persoas. Porque en Viana quedáronlle a ún non poucos amigos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La sinrazón manda
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Un oasis en Auria
La Región
Luz solar en plena “noche”
La Región
Día internacional do libro infantil e xuvenil
Lo último
OBSERVATORIO DE LA INMIGRACIÓN
La población extranjera se duplicó en Galicia en 13 años
Mariluz Villar
MUJERES
No solo la tierra
Ricardo F. Colmenero
Os xemelguiños
MAPA ESPECÍFICO
Las interacciones con orcas subieron en Galicia en 2025