La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Agradecemento pola Operación Quilo
CARTAS AL DIRECTOR
Unha vez entregado todo o recadado na 39ª edición da Operación Quilo organizada desde a Asociación Xuvenil Amencer en colaboración coas Cáritas parroquiais, é momento de agradecer.
Grazas a todas as persoas que doastes os 7.557 kg de alimentos, os 3.800 kg de xoguetes, os 3.100 kg de roupa e os 9.484,16 euros que se destinaron á compra de alimentos. Grazas tamén ás 1.098 persoas voluntarias, mozas e mozos, persoas adultas, que botastes unha man para facer posible a recollida, clasificación e reparto de todo o recadado. A través das 17 Cáritas parroquiais e 3 entidades sociais serán entregados ás 680 familias (un total de 1.436 persoas) ás que atenden durante todo o ano.
Detrás de todos os quilos e diñeiro recadados están: o tempo de moitas persoas voluntarias (especialmente xente moza), a colaboración de moitas entidades e de representantes de diferentes organizacións e colectivos, a participación de numerosos locais comerciais e empresas da cidade, a achega de persoas anónimas, a difusión da campaña a través dos medios e redes, en especial a La Región, sobre todo, a solidariedade e o compromiso que nos levan a facer o que está nas nosas mans para axudar a quen nos necesitan.
En nome da Comisión de Solidariedade de Amencer e no das persoas destinatarias desta axuda tan importante: Grazas! Grazas por “quilaborar” para que nestes tempos difíciles para comprar no supermercado e pagar a vivenda e os recibos, en Ourense sexa Nadal para todas e todos.
“Quilaborando” vivimos miles de historias de compromiso e solidariedade.
Bo Nadal e próspero 2026!
Equipo coordinador da Operación Quilo 2025 (Ourense)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Agradecemento pola Operación Quilo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Emprender para sobrevivir: las afganas no se detienen
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Bravo bravísimo, a la nueva pasarela del Barbaña pero...
La Región
Lo que vemos
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 23 de diciembre?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este martes, 23 de diciembre, en Ourense
CONSULTA EL DOCUMENTO
Hacienda congela, otra vez, los fondos al Concello de Ourense