COLAPSO DE LA ESTRUCTURA
Arranca la limpieza del cauce del Támega en la “presa mai”
A Federación de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), coa súa sede en Verín, xa está a preparar o seu mercadiño solidario para o Nadal, un evento que organizan todos os anos co fin de recadar fondos para a federación e empregalos no seu traballo interno ou nos programas sociais nos que traballan durante todo o ano.
Dende este venres, e ata o 9 de decembro, todas aquelas persoas que queiran aportar o seu graniño de area poderán levar á sede -no camiño vello de Sousas- de Femuro, en horario de 10,00 a 14,00 horas, libros, xoguetes, contos infantís, obxectos de decoración, decoración de Nadal e outros útiles que xa non empreguen para que as traballadoras de Femuro os poñan á venda -a prezos baixos- no seu mercadiño solidario. “Non recollemos enciclopedias, libros de texto ou obxectos en mal estado”, recordan dende as súas oficinas de Verín.
Tras a recollida de material, a preparación do mercadiño e a organización dos obxectos que se porán a venda, o mercadiño solidario de Nadal abrirá as súas portas o 13 de decembro. O local, localizado na avenida de Sousas, estará aberto ata o 23 de decembro. “Esta iniciativa é unha forma de recadar fondos e darlle unha segunda vida a obxectos que xa están en desuso pero en perfecto estado, vemos que é algo que funciona”, conclúen as traballadoras de Femuro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COLAPSO DE LA ESTRUCTURA
Arranca la limpieza del cauce del Támega en la “presa mai”
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Ourense brilló en MasterChef?
TRADICIONES RECUPERADAS
Penitentes y faroles, hitos de la Semana Santa en la comarca de Monterrei
Lo último
Juan José Feijóo
A veces llegan cartas…
ALARMA MUNDIAL
La AIE avisa de la dimensión de la actual crisis energética
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Comida
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
A manipulación das masas