Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Unha das cousas máis simpáticas que lle teño escoitado ao amigo e médico galaico porteño Antonio Pérez Prado, pobre, morto hai un par de anos, foi unha anécdota acontecida un día que foi a casa de Jorge Luís Borges para lle ler o que mandase. Sabido é que na súa vellez quedou cego e permitía que mozos máis ou menos próximos fixesen de ollos prestados para as lecturas. Pois ben, así que entrou pola porta, en canto o pasaron á súa presenza, mandoulle coller un libro determinado dun andel, e antes de comezar, espetoulle: "Dígame, por favor, todos los nombres que sepa usted para la pija. Yo sé más de trescientos". A conversa axiña derivou por procelosos terreos tan do gusto de ambos, e a lectura foi quedando aprazada para o día seguinte. Seica a membruda acepción de "gaita" -que na Arxentina connota simplemente "gallego" por oposición a "tano", de italiano- chamáralle a atención.
En fin, que seiscentos non , pero media ducia longa leva tido a nosa Caixa desde os tempos de Kaito ou David Ferrer. De Caja de Ahorros Provincial de Orense (1932) veu, vía natural dos tempos democráticos e autonómicos, a "Caixa Ourense". Despois, coa integración das do sur (2000), nominal e legalmente tiña un nome longuísimo "Caja de Ahorros de Vigo, Ourense e Pontevedra", aínda que se impuxo a marca comercial de "Caixanova", como contraposición a "Caixa Galicia" que era a unión das do norte, digamos Coruña, Ferrol, Santiago e Lugo. E cando estas dúas se xuntaron (2010), tiveron a idea de chamarlle NovaCaixaGalicia, e na bancarización, crearon o NCG BANCO – o da broma de "non caga". De alí a pouco, xa con José María Castellano á cabeza da entidade, e para satisfacción de rotulistas e fabricantes de letreiros, pasou a operar co nome de Nova Galicia Banco en Galicia, León e Asturias, e EVO Banco no resto de España. Ben. Estou convencido de que o noventa por cento dos clientes terían dificultades para saber como se chamaba a entidade hai quince días, da mesma maneira que tería problemas para dicir o prezo exacto da gasolina ou o nome dos deputados de Ourense no Congreso. Os nomes son importantes, pero non tanto.
O caso é que agora que Escotet e Etcheverría teñen xa benzóns europeas, píntanlle de novo as cubertas ao buque e póñenlle un novo nome do costado de acordo cos tempos. "Abanca". Porque antes era "A Caixa" e agora que debe ser banco, sen máis, "Abanca", todo xunto e en galego. Moi ben. Sobre todo se se ten en conta o sinalado polos vellos dicionarios para o verbo "Abancar". En portugués significa "encher de bancos" –"abancaron a Praça Maior para o concerto"- e por extensión, sentarse. Pero nos vellos dicionarios galegos do XIX, xa aparece algo distinto. Di o de Marcial Valladares, en 1884, "Abancar: Adelantar trabajos, irlos en tiempo y metódicamente haciendo, para que no se aglomeren después". O vocabulario de Francisco Porto Rey (1900) recolle, pola súa banda, "Abancar: Trabajar con orden y regularidad en los quehaceres que uno tiene de su cuenta, para que no haya varios a que atender al mismo tiempo". E nos vocabularios da Real Academia Galega das primerias décadas dicía, "Abancar: Adelantar más en algún trabajo. Tomar la delantera a otro en una labor cualquiera". Pois iso, Abanca, que abanque. Polo ben de todos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Sábado, 13 de diciembre
SIN SANCIÓN PARA LA TRABAJADORA
El juez anula la sanción que impuso el Colexio da Avogacía de Ourense a una empleada
54 GARAJES EN TODA LA CIUDAD
Locura por los garajes: el precio llega a 50.000 euros en Ourense