TAL DÍA COMO HOY
Kandinsky
Quedei prendido dunha peza de roupa que se me prendeu cando andaba á busca de Luke Skywalker polas planicies galácticas de Sudalomba. Nunha simple silveira, alí estaba, a peza que cun golpe de aire se me pegou á perna esquerda. Logo de mirala e examinala, non sei dicir que é. Semella que é a manga dunha chaqueta, pero tamén pode ser a perneira dun pantalón. Está sucia, está roída e nótase vella. Ó mellor igual é parte da vestimenta do galáctico que estou buscando.
Semella que é a manga dunha chaqueta, pero tamén pode ser a perneira dun pantalón. Está sucia, está roída e nótase vella. Ó mellor igual é parte da vestimenta do galáctico que estou buscando.
Luke Skywalker desapareceu da galaxia máis afastada e algunhas pistas sitúano no noso planeta, na Terra. Algúns, sabendo da miña afección a ser astronauta, contactaron comigo para que lles botase unha man; a eles e a todo o universo. De todos é sabido a influencia que ten o amigo de Han Solo por ese espazo sideral, no que xa empeza a haber habitantes e obxectos a esgalla.
É certo que quedei un pouco asombrado ante tal petición. Unha cousa é querer ser astronauta e outra moi diferente ser especialista na guerra das galaxias. Porén, non quixen defraudar a eses algúns e no asunto ando. Co presentimento, iso si, de que a peza que se prendeu na miña perna esquerda ten algo que ver. Quizais polo detalle de non saber moi ben que é. Os galácticos visten de forma estraña, rara.
A peza de roupa, a maiores de me ser descoñecida, ten un algo que me atrae. Non sei se é a cor (practicamente descolorida), a forma (moi rara) ou a tela (nin idea de que é).
A peza de roupa, a maiores de me ser descoñecida, ten un algo que me atrae. Non sei se é a cor (practicamente descolorida), a forma (moi rara) ou a tela (nin idea de que é). Collina e gardeina no peto do pantalón. O seu olor, o seu cheiro levoume polos montes de Pinouzos e mesmo polas rúas de Baños de Molgas. Sigo buscando ó Skywalker ese.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TAL DÍA COMO HOY
Kandinsky
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las nostalgias
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Ofelia Cardo exorciza las sombras del pasado
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Pasado, presente e futuro dos Coros Galegos