Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Chégame, con cariñosa dedicatoria, a última e meritoria (escribo meritoria polo mérito que ten continuar sacando discos á rúa) oferta musical de María do Ceo.
Loxicamente xa lle perdín a conta por máis que polas miñas estanterías anden repartidos tódolos CD que foi quen de editar dende aquela primeira entrega de Alfama, con alma de fado e sabor de ópera prima.
Sexan cantos sexan, o caso é que a medida que teñen ido entrando no meu reproductor musical, teño mantido o costume de me facer eco dunha voz e unha emoción tan singular como querida. Unha voz que nacendo en Portugal, foise facendo paseniño galega, sen esquecer nunca as orixes de onde foi plantada e sen renunciar tampouco ás veigas nas que acougou dende que era aínda moi nena.
Foi así que en todos eles, ou practicamente en case todos, os seus seguidores recibimos, por unha, dúas regalías, pois o seu canto transita tanto pola raia, que igual que acontece nos vales e nos outeiros da raia seca, un non sabe, cando a escoita, se camiña por terra galega ou por terra portuguesa. Ou, o que é o mesmo, se está escoitando a unha cantora da saudade galega ou a unha fadista portuguesa.
Velaí onde radica a súa propia esencia e mesmo a súa propia personalidade e, polo tanto, a súa diferencia: En ser unha cantora galego-portuguesa.
Por iso María do Ceo vive nun permanente retorno, xa que logo, salvando algunha ocasional incursión polos arrabaldes do sur da copla e do bolero -sen esquecer incluso o tango-, o seu universo musical pendura e pendula permanentemente entre o norte e o sur, que é onde mora a alma dual do seu ser artístico.
Bamboleos rítmicos tan sutís como elegantes realizados á calor dos acordes da guitarra portuguesa son os que explican que sen ter abandonado nunca o fado, retorne agora de novo a el, como "A fadista". A fadista que nunca deixou de ser, pero que agora emerxe con gran pureza con pezas nunca gravadas, pero si interpretadas moitas veces, e que forman parte da historia do fado con letras maiúsculas.
Escoito agora, mentres escribo esta columna, os acordes que acompañan a unha letra tan fermosa como a da primeira estrofa da "Chuvia": "As cousas vulgares que hai na vida non deixan saudade/ só as lembranzas que doen ou fan sorrir/ hai xente que queda na historia da historia da xente/ hai outras de quen nin o nome lembramos oír".
Escoito estes e os outros acordes do disco coma se camiñase baixo o ceo aberto da Portela do Pao no alto da serra do Leboreiro e, se non fose un neoloxismo, provocaríame titular esta columna, e titulala a ela, como "A saudadista", porque, se ben pode haber cantoras fadistas máis puras, dificilmente haxa alguén que teña sido quen de representar coa súa voz, a saudade dual da alma galego-portugesa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva