Columnas heréticas

Publicado: 10 may 2008 - 02:00 Actualizado: 11 feb 2014 - 00:00

Coincidindo coa conmemoración do acto que hoxe está a ter lugar en Celanova na memoria do poeta inmortal, Manuel Curros Enríquez, tiña pensado dedicarlle un artigo de exaltación que a estas alturas da súa ‘vida’, Curros xa non precisa.

Pensei tamén na posibilidade de reescribir algunhas das súas verbas para demostrar a incrible vixencia que conservan e que trasladadas á situación política actual, darían para encher varios semanarios de ‘La tierra gallega’.

Sen embargo, ó final decidín que non había mellor homenaxe complementaria á que hoxe lle está a tributar a sociedade galega representada pola Real Academia Galega, a Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova, ca reproducir o texto que o 28 de xuño de 1880 recollía o Boletín Eclesiástico do Bispado de Ourense e que serviu de preludio para que logo a Audiencia provincial de Ourense o condenara a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión correccional e a pagar cincuenta pesos da época; condena finalmente conmutada na Audiencia Territorial da Coruña, gracias á defensa que lle fixo o avogado ourensán Luciano Puga.

Velaí os ‘delictos’ que Curros cometeu naquel momento e que hoxe serían motivo de escarnio para aquel que sentise acenos de pórlle a súa sinatura por baixo: ‘Nos, el Dr. D. Cesáreo Rodrigo, por la gracia de Dios y de la Santa Sede Apostólica, Obispo de Orense, Caballero Gran Cruz de la Real Orden Americana de Isabel la Católica, Senador del Reino, etc. A todos nuestros amados diocesanos hacemos saber: Que habiéndose denunciado un libro escrito por M. Curros Enríquez con el título de ’Aires d’a miña terra’, que acaba de publicarse en esta ciudad, dispusimos fuese examinado por tres teólogos de notoria ciencia y resultando que según su dictamen contiene dicho libro proposiciones heréticas, blasfemas, escandalosas y algunas que merecen otra censura; Nos,en virtud de nuestra autoridad ordinaria y de la especial que tenemos delegada de la Santa Sede Apostólica, reprobamos y condenamos el expresado libro y estrictamente prohibimos su lectura y retención a todos nuestros diocesanos, y los mandamos que si tuvieren ejemplares de él, los entreguen en nuestra Secretaría de Cámara, o a sus respectivos párrocos ó confesores para que estos los pongan a nuestra disposición(...)’.

O texto segue, pero para o que eu quero dicir, abonda: Non sei por qué me dá que hoxe mesmo tamén hai quen -noutro tipo de bispados- le en silencio as miñas columnas cun desexo inconteñible de condenalas publicamente por ‘heréticas’.

Contenido patrocinado

stats