Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Se o coche chega a pasar un segundo antes, el aínda non estaría alí e se chega a pasar un segundo despois, el xa tería pasado por alí, veume a dicir onte pola tarde -nun contexto social diametralmente diferente ó que nos convocara o día anterior na Praza Maior de Celanova- o seu amigo Casiano.
Na vida, nesa liña -hiperquebrada e sucesiva- de venturas e desventuras, de ledicias e tristuras, de amores e desamores, de comedias e traxedias , nese camiño que nos guía cara a terra de ningures ou cara o paraíso, segundo creamos ou non creamos no alén que nos transcende e que está perfectamente resumida nas palabras metafísicas que Casiano me pronunciou no saúdo do día despois, ía pensando eu pouco antes de sentarme a escribir, cando a metáfora de Cartier-Bresson me chegou -coma nunha fuxidía aparición- en forma de camión á saída apurada dun stop para espertarme do letargo reflexivo e demostrarme que aquilo que non ten explicación nin coas fórmulas máis complexas da relatividade física é dicir, a sutil e abstracta transición que media entre a morte e a vida- si ten, se embargo unha denominación que o inmortal fotógrafo instaurou para arte da fotografía e que non deixa de ser unha alegoría da vida, como é o instante decisivo.
O instante decisivo, ese momento fundamental que un segundo antes a min me permitiu cruzar a estrada sen problemas e continuar coa miña vida nun lugar polo que adoito cruzar tódolos días, varias veces ó día (e mesmo polo que tamén o vin correr a el algunhas mañanciñas de fin de semana), é o que agacha, sen dúbida, a gran incógnita que nantronte a sociedade ourensá se cuestionou no silencio conventual de Celanova.
Non tiñamos el e máis eu- unha relación persoal cultivada, malia que a súa dona e a miña manteñan aínda uns certos lazos familiares. Sen embargo e non é a primeira vez que o comprobo-, hai algo que, coma o instante decisivo, tamén forma parte dos principios inalienables da vida. E iso é que o clan doe cando alguén do clan sofre. Por iso estivemos con el no camposanto e por iso lle quero facer chegar, con estas palabras, o meu afecto a Marosa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas