Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
A primeira vez que escoitei que o edificio do Hórreo fora antes a Facultade de Veterinaria da Universidade de Compostela, foi por voz do recentemente falecido doutor Míguez, que acabou enviándome en documento dixital unhas vellas postais en sepia do edificio que así o constataban para que eu non me quedara coa dúbida. Gárdoas co mesmo afecto coas que sei que el mas enviou naquel momento.
Por veces, cando vemos o telexornal, lemos o diario ou consultamos calquera información dixital relativa á actividade parlamentaria que nese edificio ten lugar cada xornada, máis cá Facultade de Veterinaria que alí xa non está, o que acontece, mesmo semella un curral, unha piara, unha granxa de pitas poñedoras ou, o que aínda é peor, nalgúns episodios que todos aínda mantemos na retina, unha canceira "de cans dogos", polo que os que sabemos que aquilo foi algún día Facultade de Veterinaria, dicimos como dicía Curros: "...se isto é un Parlamento, que o demo me leve".
Hoxe pola mañá -onte para vostede-, ese mesmo Parlamento, sei que por decisión do seu presidente actual Miguel Santalices, celebrou un acto solemne de recoñecemento ós seis máximos responsables da institución (a dous deles a título póstumo) dende a súa constitución estatutaria ata o día de hoxe. A saber, Antonio Rosón, Tomás Pérez Vidal, Victorino Núñez, José María García Leira Dolores Villarino e Pilar Rojo.
Máis alá do protagonismo ourensán (non en van o presidente da Xunta, o propio presidente do Parlamento e a Coral de Ruada, que dignificou o programa coas súas ensarilladas voces, son ourensáns), foi, como acabo de sinalar, un acto solemne, deses nos que o tempo nin se queda curto nin está de máis porque todo está ben medido e incluso nos que non se bota a ninguén en falta porque os que xa non podían estar -poño por caso, Antonio Rosón e Victorino Núñez- estiveron moi dignamente representados. Un acto no que, a medida que se ía desenvolvendo, se me provocaron diversas reflexións, ligadas sempre ó que hoxe por hoxe é e o que realmente debería ser unha verdadeira Cámara Parlamentaria de representación popular e non ó ludroso galiñeiro que con demasiada frecuencia se nos antolla ver alí dentro.
Por que se perderon as formas que nunca se deberon perder e que onte, con calculada solemnidade, felizmente recuperou Miguel Santalices? Velaí a pregunta.
É evidente que non tódalas sesións parlamentarias teñen que estar envoltas no "celofan" dun acto coma o de onte. Pero a esencia, o aroma que en cada sesión plenaria debería recender, debería ser o mesmo.
Entón, outro galo cantaría na política galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva