Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Pousouse esta semana a miña mirada sobre o andel dos libros no que gardo dende hai anos, completamente subliñado e cheo de notas á marxe e a pé de páxina un libro que forma parte dos meus libros de cabeceira, que se titula "Los cínicos no sirven para este oficio".
Se vostede non forma parte do ámbito da comunicación en xeral ou do xornalismo escrito en particular, é moi posible que o descoñeza, malia que cando saíu do prelo constituíu un verdadeiro acontecemento, que se anovou con máis forza cando o seu autor, o xornalista polaco Ryszard Kapuscinski, recibiu o premio Príncipe de Asturias no ano 2003, catros anos denantes do seu falecemento.
Andaba eu á procura doutros "lombos", pero cando reparei nel fóiseme a man dun xeito instantáneo cara el e comeceino a ler de novo.
E fóiseme a man porque neste contexto de pensadas e repensadas, de flexións intelectuais -ata coller maniotas- e reflexións permanentes polo que estamos a transitar dun xeito especial aqueles que gozamos do privilexio de poder expresar as nosas cismas nun medio de comunicación, repito, neste tempo e neste contexto, acaba coméndolle un ó día máis momentos mergullado no debate interno co seu propio eu, sobre as conclusións ás que un chega logo de recibir o fluxo e o refluxo informativo de cada xornada, que á propia análise do contexto no que se move a clase política que, coas súas accións e inaccións, provoca tal fluxo informativo.
Di Kapuscinski que para exercer o xornalismo, ante todo, "hai que ser bos seres humanos", concluíndo, en consecuencia que "as malas persoas non poden ser bos xornalistas", porque, "se se é boa persoa pódese intentar comprender ós demais, as súas intencións, a súa fe, o seus intereses, as súas dificultades, as súas traxedias, e converterse inmediatamente, desde o primeiro momento, en parte do seu destino, unha cualidade, esta, que en psicoloxía denomínase empatía, xa que logo, mediante a empatía pódese comprender o carácter do propio interlocutor e compartir de forma natural e sincera o destino e os problemas dos demais".
Pois ben, pódeme crer, benquerido lector, que a través dese prisma de pretendido respecto cara quen está á fronte do temón do inmenso transatlántico que nos traslada a 47 millóns de españois cara non sei onde, é por medio do cal trato de analizar cada unha das súas decisións e das que tamén toman aqueles que operan ó seu arredor na ponte de mando.
Pero, por máis que me esforzo e me derreo -agás no caso dunha galega que cada día me suscita máis admiración- non son quen de atopar tal empatía por ningures, xa que cada vez que me deixo levar, ós poucos intres volvo saír escaldado da aposta, víctima da súa endémica trilería.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas