Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
La inteligencia artificial
Hai cousas que non precisan bandeiras nin cores políticas, senón de corazón e compromiso. Eu coido, sinceramente, que a nosa lingua é unha delas.
Por iso, o sábado 8 de Santos, acudirei á celebración do “Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia” en Bande; un acto simbólico, pero tamén profundamente humano: recoñecermos que moitas das persoas que viviron e sentiron en galego merecen que a súa memoria siga falando na nosa lingua.
A defensa e promoción do idioma non é tarefa exclusiva do Goberno galego ou das institucións culturais. Penso que as corporacións locais, máis polo miúdo os alcaldes e alcaldesas, teñen un papel fundamental posto que son quen están máis preto dos veciños e quen mellor coñecen a súa historia e sentimento. A súa implicación pode marcar a diferenza entre unha lingua que se conserva só nos papeis e outra que latexa viva nas casas, nas rúas, nas escolas, nos camposantos e nos corazóns. Por este motivo, considero que é de vital importancia a súa presenza en Bande o vindeiro día 8.
Ourense sempre se caracterizou por un galeguismo discreto pero profundo, arraigado na súa historia, na súa cultura e na súa maneira de entender Galicia. Un galeguismo cristián, pois como manifestou repetidas veces o patriarca das letras galegas, Ramón Otero Pedrayo, “no cristianismo atopou Galicia a verdadeira patria do seu espírito”.
Ourense sempre se caracterizou por un galeguismo discreto pero profundo, arraigado na súa historia, na súa cultura e na súa maneira de entender Galicia
Neste contexto, a celebración de Bande convértese nunha oportunidade para reafirmar ese compromiso e para lembrar que a conservación da lingua constitúe, ao mesmo tempo, unha herdanza e unha obriga.
Quizais sexa tamén o momento de formular dúas preguntas retóricas que deriven nunha fonda reflexión:
É máis importante que o galego se escoite nos corredores de Bruxelas, ou que se siga a falar con naturalidade nos nosos fogares, nas nosas parroquias e nas nosas prazas?;
É mellor para Galicia gastar 40 millóns de euros anuais para que o galego soe no Parlamento europeo ou, en troques, investir eses cartos en políticas que o promocionen, o apoien e o impulsen na nosa terra?
As respostas, se cadra, nos leven a concluír que o verdadeiro reto non se atopa tan lonxe, senón que o futuro da nosa lingua está, sobre todo, nas nosas mans; atópase aquí, na mesma terra que o viu nacer e na voz de quen o emprega cada día con liberdade, con naturalidade e cun profundo orgullo de contribuír á súa preservación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
La inteligencia artificial
La Región
El derecho a morir
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Todo por Ourense?
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Cadaquén, da súa casa
Lo último
32.000 OURENSANOS ATENDIDOS
La enfermería domiciliaria supera las 57.000 consultas en Ourense
DISEÑO LOCAL
La solidaridad está de moda en Allariz
NACIONAL SUB-18
Dos oros nacionales para el atletismo ourensano