Calmando a sede

Publicado: 15 nov 2024 - 00:20

“Se alguén ten sede, que veña onda min, e beba, quen crea en min. 38Como di a Escritura,deitaranlle do seu ventre regueiros de auga viva.”(Xoán 7:37-38)

Dependemos demasiado das circunstancias. Se algo vai ben, sentímonos felices e semella que o mundo está baixo os nosos pés. Cando as cousas se torcen non queremos ver a ninguén e comezamos a sentir magoa de nós mesmos. Xesús explicou que cando vivimos con El desde o noso interior correrán ríos de auga viva. Non importa o que ocorra no exterior, porque a nosa alma será unha fonte inesgotable de imaxinación, tranquilidade e vida. E non se trata do que nós podemos facer. O Señor dixo que o mesmo Espírito de Deus se encargaría diso.

Desde que vivimos con El aprendemos a disfrutar, non tanto polo que ocorre fóra de nós, senón polo que hai DENTRO de nós, porque esa auga que restaura, refresca e renova xorde cando menos o esperamos; da mesma mesma maneira que un río ten a forza suficiente como para buscar un sendeiro por onde abrirse camiño, Deus fai o mesmo dentro de nós. A forza do seu Espírito non pode ser apagada por ningunha circunstancia, por moi difícil que sexa.

Contenido patrocinado

stats