Rafael Dávila Álvarez
Non plus ultra
Benaventurados os que leen e os que escoiten as verbas desta profecía e gardan as cousas que están escritas, porque o tempo está a chegar (Apocalipses 3). Cando os 1.000 anos se cumpran o demo será libre da prisión e sairá a engaiolar as nacións nos catro ángulos da terra ( Apocalipses 20-7-8) .
A profecía cumpriuse literalmente e Trump ¿Satán? engaiola a U.E, a Catai e a Rusia. A porta do averno está protexida por lo líder musulmán Mahmud de Gazni que saqueou y destruíu o templo de Somnath onde se veneraba a Jyotirlinga, imaxe fálica de Trump, substituíndo a Shiva no ano 1025 (fai dez séculos). Na actualidade a porta está gardada polo príncipe Móhamme bin Salman a canda polo seu aliado, o criminal Benxamín Netanyahu
A sombra insistía reiteradamente na orella, coa intención de que ninguén escoitase os consellos da bipolaridade existencial que só él podía interpretar; unha hipormanía o unha depresión creándose unha dicotomía emocional.
A miña intima relación con “Deus”, que ten presente o futuro nun pasado presente, caótico, distópico, coa tutela de una Hipnopedia inducida polo medo a morte
¡Tes que escribir sobre o idioma! ¡Debes de explicar porque non dis o que pensas sobre a revolución da muller no século XX! ¿Vas a deixar o Xenocidio de Gaza, cando máis cruel é a matanza de seres humanos, para acadar a Terra Prometida por mandato de Tetragrámaton (YHWH) ao pobo elixido? ¿Crees que hai algo más importante que os incendios que anuncian o principio do fin da civilización, tal como a desfrutamos hoxe? ¿Non pensas que é o momento de deixar de opinar e dedicarte a despedirte dos amigos/as que che quedan? ¿Non debías de rematar as opinións que escrebes semanalmente no xornal La Región dando as grazas a propiedade e a dirección do xornal? ¿Tes o valor suficiente para asumir o resentimento de un amplío sector social, fundamentalmente no PSdG-PSOE?. ¿Cantos discípulos ideolóxicos se apartaron da túa angustiosa presión? A duda que freou toda actividade social, profesional, política, lúdica e familiar, ¿cal foi?.
Comezo coa resposta a última pregunta:
A miña intima relación con “Deus”, que ten presente o futuro nun pasado presente, caótico, distópico, coa tutela de una Hipnopedia inducida polo medo a morte. Angustia, dolor, medo, sufrimento, egocentrismo e sobre todo a busca do “perdón” Aínda que rematei pactando coa NADA a eternidade cósmica na enerxía primixenia. O segundo tema no que a sombra esixe resposta : Occidente cometeu o inmenso error, que desvertebrou a familia, non recoñecer o traballo da muller no fogar que chegou a representar máis do 50% do PIB. O membro da familia (home ou muller) debía de recibir un salario equivalente o traballo realizado no fogar en función da realidade social na que desenvolve a súa actividade; sendo moi difícil reconsiderar tal proposta, por alporizar a hembrístas e machistas.
O cambio climático, os incendios, a deshumanización, os movementos migratorios, son as consecuencias dun capitalismo salvaxe, que solo busca o beneficio da oligarquía financeira insaciable e insensible. O mais dramático e ineficacia das Institucións e das leis que ante o horror do xenocidio dos Gazaties impotentes e desamparados pala comunidade internacional…
¡Que pase o seguinte! O mais ancián dos presentes érguense e coa axuda dun caxato, chamou a porta da Osuda… e pasou (eran as 12 e non había sombra).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Rafael Dávila Álvarez
Non plus ultra
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Feijóo e Sánchez no espello extremeño
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
A feira política
Manuel Orío
La tregua de Navidad
Lo último